O club de lectura de ESO tamén comezou a movilizarse este curso. En concreto queremos poñernos en acción de cara a preparar algo de cara ao Samaín.
Temos falado da lectura de Cando petan na porta pola noite e escoller algún conto desa obra, pero o tempo bótase enriba, polo que non sabemos se vos regalaremos unha actuación baseada nesa obra...Igual volvemos a outra actuación máis clásica, pero iso saberédelo o vindeiro 28 de outubro...
Ademais, falamos das lecturas para o trimestre...Serán:
-Illa soidade de Ann Alfaya
-Quen dá a quenda de Héctor Cajaraville
Ningún comentario:
Publicar un comentario