Ola!
Despois duns cursos nos que a pandemia do COVID nos tivo fóra de xogo para realizar actos conxuntos por fin volvemos a un curso onde podemos actuar xuntos e xuntas.
No Club de ESO estamos fundamentalmente xente de 1º e 2º de ESO e pasámolo moi ben preparando esta primeira lectura pública para o SAMAÍN.Este curso recuperamos un clásico que nos encanta: Os sesos do morto.
É un pequeno conto que imos relatando en inglés e que traducimos, case simultaneamente, ao galego...
Trátase dunha obra na que ademais se vai interactuando co público e na que lles ofrecemos unha experiencia case real...
Cos ollos tapados ímoslle pasando os restos mortais dun cádaver e comezan tocando os sesos pero logo van pasando outras partes do corpo...
Na EXECUCIÓN da obra estiveron
Produtora: Noa
Lectora en inglés: Leila
Lector en galego: Marcos
Repartindo os restos mortais...
Alba, Daniela, Mariña Campañó, Yago, Sabela, Mariña Barreiro, Andrea e Sofía.
Primeiramente actuaramos para 1º e 2º de ESO, a seguir foron 3º e 4º para finalmente, despois do recreo, actuar por primeira vez para PRIMARIA e parece que o pasaron xenial, é dicir mal, tan mal como na ESO.
BO SAMAÍN...
Ningún comentario:
Publicar un comentario