E chegou a data de desvelar a nosa obra para o Samaín... Moitos e moitas de vós víannos ir á biblioteca, ensaiar nos recreos, subir á Aula A (a grande na zona de Secundaria).
Pero para que era?
Para isto. Para preparar a nosa obra
Trátase de...
MortiñaEsta obra ofrecémola este venres 28 de outubro para Infantil e 1º de Primaria, logo para 2º, 3º e 4º e finalmente para 5º e 6º.
Fixemos a nosa propia versión, adaptando algunhas partes para facela máis fluída e intentando que vos gustase o máximo posible...
Esta obra non fala só dunha nena zombi, fala tamén dunha nena apartada, dunha nena illada e que ao final consegue o que máis desexaba, integrarse cos demais nenos e nenas...
Tiñamos moita gana de presentar a obra xa que estivemos, como xa dixemos, ensaiando intensamente todo o mes.
Os últimos 15 días estivemos especialmente activos e activas, onde faciamos algúns días ata dous ensaios...
Estes foron os papeis que desenvolvemos cadaquén do club na obra...
LECTORA 1: Carla
LECTORA 2: Irene
MORTIÑA: Icía e Uxía Ríos
TÍA DEFUNTIÑA: Noa
NAI DE RAPAZ-PANTASMA: Alicia
BRUXA: Uxía Gómez
VAMPIRO/-A: Roi M
PANTASMA: Roi Piñ
PIRATA ESPECTRAL: Sara
MOMIA: Hugo
Ningún comentario:
Publicar un comentario