27 de febreiro de 2012

Os "autores" de O lapis do carpinteiro


Novela
---Manuel Rivas Barros, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego. Así mesmo, dende o 31 de xullo de 2009 é académico da RAG[1].   Manolo Rivas comezou a súa carreira como xornalista moi novo, aos 15 anos, como meritorio no El Ideal Gallego. Estudou Ciencias da Información en Madrid. Os seus primeiros artigos remóntanse á década dos anos 70.
Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine, entre elas A lingua das bolboretas dirixida por José Luis Cuerda e O lapis do carpinteiro, dirixida por Antón Reixa que foi seleccionada para presentarse nos premios Goya da Academia Española do Cine.
A vixésimo cuarta edición de O lapis do carpinteiro, a novela máis vendida de Manuel Rivas,  sitúa o seu número de exemplares vendidos en 80.000, unha cifra verdadeiramente relevante para a edición en lingua galega.


Film
---Antón Rodríguez Reixa, nado en Vigo o 17 de abril de 1957, é un dos maiores representantes da cultura galega, desde a poesía nos anos 70, até o movemento bravú, do que se considera precursor.
En 1998, estréase na TVG, baixo a dirección de Reixa, Mareas vivas, unha serie ambientada na Galicia mariñeira actual que bateu récords de audiencia na canle autonómica.
Un ano máis tarde, e con parte do equipo de Mareas vivas, Antón funda Portozás Visión. O proxecto máis ambicioso da produtora é a adaptación ao cine da novela de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro. Esta vez, Reixa atrévese coa dirección de longametraxes.
Anton Reixa dirixiu esta longametraxe  que se  publicou en 1998 con Luis Tosar, Tristán Ulloa e Maria Adánez como actores principais. Esta longametraxe tivo certo éxitoe gañou varios premios Mestre Mateo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario