Autor: Manuel Rivas
Editorial: Xerais
Ano de publicación: 1998
O libro aborda a historia dun grande amor entre Marisa Mallo e o médico Daniel Da Barca. Fronte a eles a conxelante mirada dun home chamado Herbal, o garda da cadea na que está o doutor.
O “lapis do carpinteiro” é o testemuño dunha traxedia curativa e unha loita contra o esquecemento que demostra o poder do amor.
Herbal é o personaxe máis interesante da obra: ten envexa, celos e admiración ao mesmo tempo por un home ao que despreza e respecta ao mesmo tempo.
O Doutor da Barca é un home íntegro, forte nunha situación difícil, valente, que intenta protexer a súa amada mesmo dicíndolle que o olvide debido á situación na que está, xa que ve que ten un pé no outro mundo; ao final non gañan a guerra os seus ideais pero a nivel persoal consegue quedar co seu amor.
Marisa Mallo é un personaxe interesante que non se resigna a quedar coa vida máis fácil senón que loita polo que quere, o seu amor, aínda que estea no cárcere.
A obra está baseada en feitos reais e aínda que moitos dos feitos que se contan son ficticios parte do argumento é real o que lle engade un maior valor, se cabe, á obra.
No apartado negativo poderiamos poñer a caracterización do doutor da Barca que é un pouco plano, xa que é sempre perfecto, íntegro, bo, seguro, alegre, etc, pero en xeral a obra resulta entretida e lévanos á sempre difícil época da guerra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario