Título: O lapis do carpinteiro
Director: Antón Reixa
Intérpretes: Tristán Ulloa, María Adánez, Luis Tosar
Ano de estrea: 2003
Argumento: Herbal, un vello que está tomando algo, cóntalle unha historia de cando era novo a unha moza que acaba de deixar que marche un seu cliente de traxe branco; sempre leva un lapis de carpinteiro que o acompaña dende o ano en que España se partiu en dous.
Lembra Herbal cando era Garda Civil e como vixiou ao doutor Daniel da Barca e a súa moza antes do alzamento militar de 1936. Herbal, invisible aos ollos da parella, convértese na súa sombra, fascinado polos coñecementos de Daniel, a beleza de Marisa e o amor de ambos os dous. Pronto empeza a mesturar o odio coa paixón, a admiración cos celos e a obriga coa obsesión.
Ao comezar a guerra, Daniel é encarcerado polas súas ideas, pero non é un recluso calquera; a súa cultura, a súa imaxinación e o seu compromiso fano popular entre os seus compañeiros e convérteno en centro de atención para os gardiáns. Xa no cárcere de Santiago de Compostela, en plena Guerra Civil (1936-1939), un pintor debuxa o Pórtico da Gloria cun lapis de carpinteiro, reflectindo os rostros e a desesperación dos seus compañeiros de presidio, incluído o doutor da Barca. O gardián Herbal obsérvao todo e cando levan ao debuxante para matalo, queda co lapis.
A partir desta escena, destaca unha historia onde o amor entre o médico republicano Daniel da Barca e Marisa Mallo logra gañar á desesperación. Dende fóra, Marisa loita contra a intolerancia do seu pai, un reaccionario oportunista que lle quere impoñer un marido militar, pero Marisa resiste e intenta desesperadamente que o seu noivo recupere a liberdade.
Herbal, que na casa sofre sen rebelarse ante os maltratos que a súa irmá recibe dun marido violento e egoísta, odia a integridade do doutor e envexa o amor que lle ten Marisa mais ás veces, como sen querer, protéxeo.
Ao final da historia gaña o amor dos namorados aínda que perdan os ideais do doutor a guerra. Cando volve ao presente, Herbal sae do club e chega o final... a visita do home de traxe branco da historia que contara o pintor que debuxaba cun lapis de carpinteiro
Premios: A película baseada no libro, dirixida por Antón Reixa e protagonizada por Tristán Ulloa, María Adánez, e Luis Tosar foi estreada en 2003 e seleccionada para presentarse nos Premios Goya, da Academia Española do Cine. A Película foi gañadora do Premio Mestre Mateo á mellor longometraxe, e algúns dos seus protagonistas como Luis Tosar e María Pujalte recibiron os Premios Mestre Mateo 2003 á mellor interpretación masculina e á mellor actriz de reparto. Destaca a interpretación de Luis Tosar, que interpreta ao garda civil Herbal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario