Para min este libro é o mellor que lemos ata agora xa que Arthur Conan Doyle é un dos mellores escritores de novelas policíacas da historia, encántame a maneira coa que describe aos personaxes. O protagonista, Sherlok Holmes, ten una maneira de pensar diferente á da xente “normal”, o que o fai un personaxe moi interesante dende o punto de vista do lector, o seu intrépido axudante, Watson, é totalmente oposto a Holmes: Fíase de todo o que ve a primeira vista, non se para a pensar e reacciona inconscientemente sen saber o que fai… En resumo son como a auga e o lume.
Damián Ferreira
O libro sorprendeume gratamente; foi o primeiro que lin da saga Sherlock Holmes, pero pareceume impresionante polas astutas deduccions que realizan o doutor Watson e Scherlock Holmes, aínda que algunha parece un pouco incrible.
O libro non ten dificultade ningunha para ler, aínda que ás veces Holmes dicía unhas típicas frases en francés ou alemán.
A min persoalmente o libro encantoume, foi un dos mellores que lin ata agora, é o mellor que lin no club de lectura (xunto con Ollos de auga). Eu recomendo ler este estupendo libro e sobre todo as demais edicións de Sir Conan Doyle . Estudo en Escarlata ten dúas partes nas que o autor querete confundir, pero en realidade esas partes son as que lle dan un toque magnífico o libro.
Adrián Novás
Ningún comentario:
Publicar un comentario