30 de maio de 2011

Eloísa está debajo de un almendro

Este libro é unha obra de teatro con mestura de misterio e humor. Divídese en tres partes: prólogo, acto primeiro e acto segundo.
 
No prólogo faise unha introdución á obra, ao carácter dos personaxes e ás diferenzas que hai entre o pobo e a alta burguesía.
 
No primeiro acto aparece a casa dos Briones cos señores e o servizo e un dos personaxes comenta unha serie de asasinatos de gatos que provocará algunhas confusións e unha serie de aventuras posteriores.
 
No segundo acto aparece a casa dos Ojeda onde se resolven algunhas confusións do outro acto e se descobre o misterio sobre outro asasinato que ten que ver con Eloísa e o almendro.
 
Esta obra mestura misterio con humor de forma notable e segue os parámetros das que lemos este ano. Porén é a primeira obra de teatro que vimos e que resulta, polo tanto, distinta ás demais, que eran novelas.
 
 
NOTA: hai unha versión cinematográfica desta obra co mesmo título; é un film antigo (1943) pero bo, que se pode ver aínda con certo interese.

Ningún comentario:

Publicar un comentario