28 de marzo de 2011

Opinións sobre Estudo en escarlata

Para min este libro é o mellor que lemos ata agora xa que Arthur Conan Doyle é un dos mellores escritores de novelas policíacas da historia, encántame a maneira coa que describe aos personaxes. O protagonista, Sherlok Holmes, ten una maneira de pensar diferente á da xente “normal”, o que o fai un personaxe moi interesante dende o punto de vista do lector, o seu intrépido axudante, Watson, é totalmente oposto a Holmes: Fíase de todo o que ve a primeira vista, non se para a pensar e reacciona inconscientemente sen saber o que fai… En resumo son como a auga e o lume.
  
Damián Ferreira


O libro sorprendeume gratamente; foi o primeiro que lin da saga Sherlock Holmes,  pero pareceume impresionante polas astutas deduccions que realizan o doutor Watson e Scherlock Holmes, aínda que algunha parece un pouco incrible.
O libro non ten dificultade ningunha para ler, aínda que ás veces Holmes dicía unhas típicas frases en francés ou alemán.
A min persoalmente o libro encantoume, foi un dos mellores que lin ata agora, é o mellor que lin no club de lectura (xunto con Ollos de auga).  Eu recomendo ler este estupendo libro e sobre todo as demais edicións de Sir Conan Doyle . Estudo en Escarlata ten dúas partes nas que o autor querete confundir,  pero en realidade esas partes son as que lle dan un toque magnífico o libro.

    Adrián Novás 

Estudo en escarlata?

O libro deste mes é Estudo en escarlata. Trátase do primeiro libro traducido que lemos este curso no club de lectura. É unha famosa obra do inglés Arthur Conan Doyle onde desenvolve por primeira vez nunha novela as aventuras dun fantástico personaxe detectivesco, quizais o mellor de tódolos tempos: Sherlock Holmes, acompañado polo seu amigo e narrador da historia o Doutor Watson.

A obra transcorre fundamentalmente en Londres pero tén unha parte en Estados Unidos. Isto parece romper a unidade da obra, pero todo o contrario, pouco a pouco todo volve ao seu sitio e todo tén unha explicación, encaixando ao final o argumento á perfección.

Recomendamos esta obra desde o club de lectura e invitámosvos a seguila botándolle un ollo ás opinións persoais das e dos integrantes do noso grupo lector.

Opinión de Pomponio Flato

Opinión persoal de Novás e Adrián sobre “Pomponio Flato”

 A nós o libro chistounos moito porque cada personaxe tiña unha caracteristica cómica e un bo humor . O relato é un pouco esaxerado pola forma de describir os personaxes, como cando Pomponio sae do cabalo por mor dunha flatulencia. 

Aínda que o libro me gustou moito, nalgúns capítulos –sobre todo ao principio- custa seguir o argumento debido a que hai palabras de dificil comprensión ou a que resulta extraño o lugar no que se desenvolve a acción.

Con todo, ao final, o interese do argumento e a trama de investigación fai que resulte moi entretido; ademais tamén ten as súas partes sentimentais e pouco a pouco ímonos encariñando cos personaxes que ao principio poden parecer fríos.

En conclusión, este  libro pode aparentar ser aburrido por mor de ser da época romana e todo iso pero a verdade e que é moi divertido. O libro en si está moi ben, sobre todo a maneira de esaxerar os acontecementos que ten o autor e debido á personalidade do protagonista, covarde e aparentemente interesada pero que acaba sendo atractiva aos ollos do lector.

Adrián Novás e Damián Ferreira

7 de febreiro de 2011

Recensión do libro El asombroso viaje de Pomponio Flato

O libro seleccionado polo club de lectura para o nadal foi El asombroso viaje de Pomponio Flato de Eduardo Mendoza. Esta obra comentámola no mes de xaneiro no noso club e por problemas técnicos coa páxina non puidemos editar os comentarios ata agora.
Este libro segue co subxénero policíaco, no que se narra que no século I da nosa era, Pomponio Flato viaxa polos confíns do Imperio romano na procura dunhas augas de efectos portentosos. O azar e a precariedade da súa fortuna lévano a Nazaret, onde vai ser executado o carpinteiro da urbe, convicto do brutal asasinato dun rico cidadán. Moi ao seu pesar, Pomponio vese inmerso na solución do crime, contratado polo máis extraordinario dos clientes: o fillo do carpinteiro, un neno candoroso e singular, de nome Xesús e convencido da inocencia do seu pai, Xosé. O home acusado, en aparencia pacífico e taciturno, oculta, porén, un gran segredo.
Nesta obra axústanse as contas con moitas novelas de consumo, e constrúese, asemade, unha nova modalidade do xénero escarnecedor, moi característico de Eduardo Mendoza: a trama detectivesca orixinal e irónica desemboca nunha sátira (crítica) literaria.

Club de lectura As Portadas

13 de decembro de 2010

Ollos de auga: impresións persoais

Ollos de auga
de
 Domingo Villar
(por Adrián Novás e Damián Ferreira)

O libro pareceunos moi bo debido ao interese do argumento e á boa calidade literaria da obra xa que o autor mestura misterio, algo de acción e humor…
O misterio aparece durante todo o libro, xa que sempre se vai dubidar de alguén que resulta non ser o asasino.
O humor de Rafael Estévez é único en todo o libro; non hai un personaxe como el, debido a que a súa linguaxe coloquial e urbana fai que o libro sexa entretido en todo momento. Ademais é presentado como un rosmas, co cal sempre estás á espera do que poida dicir ou facer.
A acción destaca cando Estévez  se mete no pub de ambiente homosexual e pelexa con un deles porque se lle achegaron.  Tamén se respira acción na  súa linguaxe brutal como por exemplo: “ves a pistola?, pois como non fales arríncoche os dentes a culatazos e métochos un a un polo cu”.
O carácter e a procedencia de Estévez fai que non entenda a forma de ser dos galegos, por exemplo: parécelle raro que os galegos nunca deamos unha resposta concreta e  aínda así nos entendamos perfectamente…, vós xa nos entededes…

 

Fotos da excursión a Carboeiro cos clubs de lectura (5-11-2010)

                                           Celso Fernández Sanmartín en Carboeiro contando
                                          contos de medo, á tardiña, cara o lusco e fusco
                                          (canto che deron? 5000 euros, 5000 €?, 5000 €)
                                            o tipiño era moito...
                                           Algún do alumnado que foi á excursión; eran dos clubs
                                          de lectura do
                                          IES Aquis Celenis (Caldas de Reis)
                                          CPI Aurelio Rei (Cuntis),
                                          IES García Barros (A Estrada)
                                          CPI Domingo Fontán (Portas)
                                          IES Porto do Son

                                           Actuación de alumnado do IES de Caldas

                                          Máis alumnado do IES de Caldas actuando

                                           A nosa actuación: Hilario, presentador da historia de
                                            "Antón de Cidrán" de Ánxel Fole
                                           Novás e Nacho representando a historia de medo
                                          de "Antón de Cidrán"
                                           Cara ao final da actuación, que lle pasaría a Novás
                                          (=Antón de Cidrán)

                                           Alumnado do CPI de Portas nas catacumbas



                                           A volta da excursión de Carboeiro...
                                           ...que ben o pasamos o 5 de novembro de 2010

As Portadas, club de lectura do CPI Domingo Fontán (Portas)

Benvidos ao Club de lectura As Portadas, un lugar no que gozar da lectura será o principal obxectivo. Invitámosvos a participar con nós nas diferentes actividades que terán lugar dentro deste espazo literario.
     Neste Club contamos cun número moi xeitoso de bos alumnos e alumnas, ademais de integrantes da ANPA e do profesorado que desexan compartir experiencias lectoras. Estes e estas son:
  • Sara Goldar (2º ESO)  
  • Ignacio Gómez (3º ESO)
  • Damián Ferreira (3º ESO)
  • Alejandro Meis (3º ESO)
  • Adrián Novás (3º ESO)
  • Cecilia Abal (4º ESO)
  • Hilario Martínez (4º ESO)

     Ademais contamos coa colaboración de integrantes da ANPA

  • Martha López
  • Regina Vila

     E, por último, o profesorado
  • Marta Díaz
  • Mónica Souto
  • Xoán Constenla