Este 30 de xaneiro celebramos un ano máis o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
A proposta desde os clubs de 5º e 6º de Primaria foi realizar unha versión ou adaptación libre da obra JUUL, un libro que fala do acoso a través dos insultos e as accións e reaccións que iso pode levar consigo.
A nosa proposta foi cambiar os insultos ao boneco do libro por un Potato para así crear un proceso de descomposición do personaxe para logo reconstruílo de novo a través da axuda doutras persoas que non xulgan negativamente o aspecto do/a protagonista.
Toda unha historia de superación coa que empatizou o alumnado do centro, ocasionando toda unha onda de reflexión sobre o asunto tratado.
Deixamos o texto-guión que nos serviu para a nosa posta en escena...
JUUL-POTATO, VERSIÓN 2023
|
5º |
6º BRANCO |
6º X |
Relatora 1 |
|
|
|
Relatora 2 |
|
|
|
Relatora 3 |
|
|
|
Nen@ 1 |
|
|
|
Nen@ 2 |
|
|
|
Nen@ 3 |
|
|
|
Nora |
|
|
|
COLOCAMOS O POTATO ENTRE AS RELATORAS 1 e 2. A
RELATORA 3 PONSE DETRÁS DE JUUL-POTATO (se no público din que é Mister Potato
dicímoslle que non, que é outra “persoa”, que se chama Juul e que imos contar a
súa historia)
R1: Había unha vez
alguén que se chamaba Juul
(R3 sinala o boneco)
R2: Como non vía ben,
Juul levaba lentes
R1: E algunha xente
fixouse niso
N1: Mirade, Juul ten
lentes
N2: Ai, si!
N1: Si, e son ben
grandes
N3: Parece que ten
catro ollos
N1: CATRO OLLOS,
CATRO OLLOS!!!!
(N2 E N3 rin; logo, a
rapazada marcha)
R2: E Juul pensou que
se sacaba os lentes ninguén se fixaría en que levaba posto
R3: Así que os tirou
(sacarlle os lentes)
R1: Pero Juul tiña
o pelo loiro, case amarelo
(tocar o pelo)
R2: O seu cabelo era
bonito, pero diferente ao de algunha xente
(aloumiñarlle o pelo)
R1: Un día, alguén,
comezou a dicirlle algo do seu cabelo
N1: Mirade, Juul
parece o poliño Pío
N2: Ti cres?
N1: Claro, ten o pelo
amarelo
N3: Si e o poliño Pío
é amarelo
N1: POLIÑO PÍO,
POLIÑO PÍO!!!!
(risos e a rapazada marcha)
R2: Entón Juul pensou
que o problema era o seu pelo
R3: E así, un día, Juul colleu
unhas tesoiras e cortou todo o cabelo
(QUITARLLE O PELO
AMARELO)
R1: E Juul pensou que solucionara o problema
R2: Juul tiña a
cabeza agora a cabeza pelada
R1: Pero entón,
alguén lle volveu dicir algo…
N1: Mirade, Juul
agora non ten pelo
N2: Como lle brilla a
calva!
N3: Si, parece unha
bóla de billar!
N1: BÓLA DE BILLAR, BÓLA DE BILLAR!!!!
R2: Así que pensou
que o seu problema agora era a calva
R1: Por iso puxo un
gorro.
(R3 ponlle un gorro
ao boneco,)
R2: Ao non ter pelo,
o gorro caíalle enriba das orellas
R1: e estas sobresaían
un pouco.
N1: Mirade como se lle notan agora as orellas
N2: Parece que ten Orellas de Pepe o soprón!
N1: Ou mellor, parece
Dumbo, O elefante voador!
N3: Podería botar a
voar
N1: DUMBO, DUMBO!!!.
(risos e marchan)
R2: Iso teríalle
gustado a Juul, voar moi lonxe de alí.
R1: Pero como non
podía voar Juul desexou que o seu corpo fose desmontable
R2: E de súpeto,
sentiu que podía sacar partes do seu corpo
R3: E De dous
rabiosos tiróns Juul arrancou as orellas.
(quitarllas)
R1: Como non tiña
orellas o gorro caíalle enriba dos ollos impedíndolle ver,
R2: E empezou a
chocar contra as paredes,
R1: Petaba contra as
cadeiras,
R2: Juul vía as
estrelas
R1: e empezou a mover os ollos.
R2: Entón fixáronse
niso:
N1: Mirade, Juul
choca con todo
N2: Non ve ben,
parece que é birollo
N3: Non ve nada,
parece cegato de todo
N1: BIROLO, BIROLLO,
CEGATO, CEGATO!
(Rin e marchan)
R1: Juul quitou
o gorro
R2: E pechou
fortemente os ollos porque pensou que o seu problema eran os ollos
R3: E como desexou
non ter os seus ollos, estes caeron ao chan.
(quitarlle os ollos)
R1: Pero como agora
non vía nada igual seguía tropezando
R2: E mancouse nunha
perna
R1: Como tiña dor
apenas podía camiñar
R2: E as pernas
torcíanselle un pouco
R1: E a rapazada
volveu aparecer:
N1: Juul está coxo, non anda ben
N2: Juul é medio
trenco,
N3: Si, ten as pernas
torcidas!
N1: COXO, COXO,
TRENCO, TRENCO!!!!
(rapazada marcha)
R2: E ao marchar a
rapazada malvada, Juul quedou triste
R1: Volveu pensar que
sería mellor non ter iso do que se burlaban os demais
R2: Por iso desexou
que lle caísen as pernas
R3: E as pernas
desapareceron
(quitarlle as pernas)
R1: Agora Juul só
tiña corpo e brazos
R2: Quizais así o
aceptarían
R1: E a rapazada
cruel volveu
N1: Mirade cacho
nariz ten Juul
N2: Siii, vaia napia.
N3: Parece Pinocho…
N1: PINOCHO,
PINOCHO!!!
(marchan)
R2: E entón só quixo
non ter nariz
R1: Quizais sería
mellor así
R3: E o nariz caeu
(quitarlle o nariz)
R2: A ver agora se a
cousa funcionaba
R1: Ata que chegou de
novo a gandallada…
N1: Mirade a Juul
sobresáenlle os brazos do corpo
N2: Parece un sinal
de tráfico
N3: Ou como unha
veleta
N1: VELETA, VELETA!!!
(marchan)
R2: E Juul desexou
que lle desaparecesen os brazos tamén
R1: Quizais así
conseguiría algo
R3: E os brazos
caeron tamén
(quitarlle os brazos)
R2: Agora só quedaba
un corpo Arredondado
R1: E volveu aparecer
a rapazada perversa
N1: Mirade, Juul só é
un corpo arredondado agora
N2: Parece unha
pelota
N3: Pois xoguemos ao
fútbol con esa pelota
(Cólleno e tírano ao
chan)
N1: Boh! Pero nin
sequera bota ben….
(Deixan a Juul e
vanse)
R2: Entón chegou
Nora.
(cun carro de
bonecas)
R1: E atopou uns
brazos tirados no chan
(recólleos)
Nora: De quen serán
estes brazos?
R2: Nora seguiu
andando
R1: E atopou a Juul
tirado no chan
NORA: Pero que corpo
máis bonito!
R2: Recolleuno para o
seu carro de bonecas
R1: e limpouno
R2: aloumiñouno,
R1: agarimouno
R2: e díxolle cousas
bonitas.
R1: Despois
preguntoulle:
NORA: pero que che pasou?
(cólleo no colo e
logo achégao á orella)
R2: Ao que Juul lle
contestou,
R1: Nora achegouno á
orella e escoitou o que lle dicía
R2: Sorprendeulle que
foran tan crueis con Juul
R1: Cando acabou de
contar a historia, Nora tivo unha idea
R2: E díxolle…
NORA: Mira, atopei
estes brazos, que me encantaron, seguro que son teus…Queres volver telos
R3: e Juul volveu
querer ter os brazos
(poñerlle os brazos)
R1: E entón apareceu
unha boa persoa que atopara as pernas
R2: E preguntoulles
como se chamaban
NORA: Eu son Nora
R3: e Juul,
tímidamente, presentouse tamén
R1: e Juul contou a
súa historia
R3: E así recuperou
as súas pernas
R2: E entón chegou
outra persoa cos ollos
(chega R1 cos ollos)
R1: E cando soubo da
súa historia díxolle que ela atopara uns ollos preciosos
R3: E Juul desexou
volver ter os ollos… e os ollos volveron
R2: E todas xuntas
saímos recuperar os cachos que Juul fora deixando polo camiño…
NORA: E dicíndolle
que tiña que querererse e querer cada parte do seu corpo,
R3: E recuperou cousas
ao tempo que iamos recordando que eramos amigos
(ir colocando)
R1: as orellas,
porque xogamos xuntas…
R2: o nariz, porque
rimos xuntas…
R3: o cabelo, porque
andamos xuntas
NORA: Os lentes,
porque cadaquén é como é…
R1: E o gorro, porque
cadaquén precisa o que precisa…
R2: E agora Juul
volve estar completa ou completo
R3: Porque non
importa se é home ou muller
NORA: Nin se é persoa
alta ou baixa
R1: Ou negra ou
branca
R2: Ou gorda ou fraca
R3: Agora séntese ben
NORA: E xa non lle
afecta o que lle din
R1: Pero queredes
saber un segredo antes de rematar?
R2: Si. Pois pasou
algo máxico… Como Juul agora non desexa facerse dano a maldición pasou a outras
persoas…
R3: Así rapazada
malvada agora sofre un castigo…
NORA: E cada vez que
din algo malo reciben unha descarga eléctrica ou un calafrío ou calquera outra
maldición…
(ENTRA A RAPAZADA MALVADA)
N1: POLIÑO PÍO,
POLIÑO PÍO!!!! AAAAiii! (descarga eléctrica)
N2: DUMBO, DUMBO,
DUMM,, aaaaaUUUU (susto)
N3: CEGATO, CEGATO….
Bbrrruuuuuu (calafrío)
(Marchan todas tres tremendo,
berrando, recibindo descargas…)
R1: E ata aquí a historia de Juul
R2: Contada no Día Escolar da Paz e da Non Violencia
R3: Porque non só se fai dano á xente con bombas
NORA: Senón tamén se somos malvados cos demais
TODOS XUNT@S: Así que desexamos que
teñades bos amigos e amigas…
E STOP
AOS HATERS…
Ningún comentario:
Publicar un comentario