Despois da reunión de decembro onde decidimos que obras abordar e tras poñer como primeiro libro o hobbit de Tolkien consideramos que foi unha decisión acertada.
Esta obra permitiunos achegarnos ao mundo da Terra Media e ao universo do escritor británico e achéganos a un clásico versionado tamén no cinema.
En definitiva, consideramos seguir coa narración en imaxes, con esa mestura de cómic, narración e "teatro". Pero a seguinte obra será en galego...
A primeira obra que propoñemos ler no novo ano é tamén unha banda deseñada: O pacto do letargo: o tríscele roubado
Ningún comentario:
Publicar un comentario