-A educación é a
arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo
-Aprendín que a coraxe non é a ausencia de medo, senón o
triunfo sobre el. O valente non é quen non sente medo, senón quen conquista ese
medo.
-A xente aprende
a odiar, e se eles poden aprender a odiar, tamén se lle pode ensinar a amar, o
amor chega máis naturalmente ao corazón humano que o seu contrario.
-A maldade é
algo que as circunstancias, o ámbito ou a educación inculcan ou ensinan aos
homes; non é innata.
-O perdón libera
a alma, elimina o medo. Por iso é unha ferramenta tan poderosa.
-Se queres facer
as paces co teu inimigo, tes que traballar con el, daquela vólvese o teu
compañeiro.
Nelson Mandela
-Ollo por ollo e o mundo
acabará cego
-A violencia é o medo aos
ideais dos demais
-A persoa que non está en
paz consigo mesma estará en guerra co mundo enteiro
-Mantén as túas palabras
positivas porque as túas palabras volveranse as túas actitudes
-Non hai que apagar a luz
do outro para lograr que brille a nosa
-Recordade que ao longo
da historia sempre houbo tiranos e asasinos, pero sempre remataron caendo,
sempre
Mahatma Gandhi
-Se todo che dá igual, estás
facendo mal as contas.
-Non sei con que armas se
loitará na 3ª Guerra Mundial, pero si sei con cales se loitará na 4ª: con paus
e pedras
-Non pretendamos que as
cousas cambien se seguimos facendo o mesmo
-A vida é moi perigosa,
non polas persoas que se dedican a facer mal, senón polas que se sentan a ver
que pasa.
-É máis fácil destruír un
átomo, que un prexuízo
Albert Einstein, físico
Gastamos diñeiro que non
temos, en cousas que non necesitamos, para impresionar a xente á que non lle
importamos.
Will Smith, actor
As guerras seguirán
mentres a cor da pel siga sendo máis importante que a dos ollos
Bob Marley, músico e cantante
Cando o poder do amor
supere ao amor ao poder, o mundo coñecerá a paz
Jimmy Hendrix, músico e cantante
Todas as guerras son
guerras entre ladróns demasiado covardes para loitar, que inducen aos mozos de
todo o mundo a facer a loita por eles.
Emma Goldman, escritora lituana
A nós, os maias,
ensínannos desde pequenos que non hai que tomar máis do que precisas para
vivir.
Rigoberta Menchu, embaixadora da
UNESCO
Non poñas en perigo a túa
vida, é todo o que tes
Janis Joplin, música e cantante
Temos aprendido a voar
coma os paxaros, a nadar coma os peixes, pero aínda non aprendemos a sinxela
arte de vivir coma irmáns
Marthin Luther King
-Así que acordádevos de
mirar cara ás estrelas e non cara aos pés. Intentade encontrarlle un sentido ao
que vedes e preguntádevos polo que fai
que exista o universo. Sede curiosos. E por moi difícil que poida parecervos a
vida sempre hai algo que podedes facer e no que se pode ter éxito. O importante
é que non vos rindades.
Stephen Hawking, astrofísico
-A paz non é algo que
desexas, é algo que creas, que fas, algo que es e algo que regalas.
John Lennon, músico e cantante
Ningún comentario:
Publicar un comentario