Foron ditos de 4 culturas diferentes, unha acolle a todo un continente e os outros tres pertencen a diferentes estados asiáticos de culturas milenarias.
-A reunión no rabaño obriga ao león a deitarse con fame
-Ata que os leóns teñan historiadores, as historias de caza sempre glorificarán ao cazador.
-As palabras malvadas feren máis que as frechas envelenadas
-Cando dous elefantes berran, a que se lamenta é a herba
-Máis vale que os dentes non berren coa lingua
-Non podes esconder o fume se prendiches lume
-Os tambores de guerra son tambores de fame
-Vale millóns de veces máis a vida dunha persoa que todas as posesións do home máis rico
Proverbios chineses
-Ámame cando menos o mereza, xa que é cando máis o necesito
-Afortunada é a persoa que vive en tempos tranquilos
-Antes de iniciar o labor de cambiar o mundo, dá tres voltas pola túa casa.
-O que fai o ben dos demais fai o seu propio ben
-O amor non se mendiga, merécese
-Procura unha luz na vez de estar maldicindo decote (continuamente) a escuridade
-Se tes paciencia nun momento de enfado, non terás cen días de tristeza despois
-Unha pequena chispa pode prender un lume que queime todo o monte
-Vence ao inimigo sen manchar a espada
Proverbios árabes
-A crueldade é a forza
dos covardes
-A envexa sinala as
virtudes do envexado e os defectos do envexoso
-A xenerosidade consiste
en dar antes de que se nos pida
-É mellor acender unha
luz que maldicir a escuridade
-Non despreces un rival
por pequeno que sexa; o mosquito pode danar os ollos do león
-Para fortalecer o
corazón non hai mellor exercicio que agacharse para levantar aos que están
caídos.
-Se tés un amigo visítao
con frecuencia, porque as malas herbas e as espiñas invaden o camiño por onde
ninguén pasa
-Ten paciencia coa
maquinación dos envexosos porque o lume cómese a si mesmo se non atopa a quen
comer (واصبر على كيد الحسودي فانا
صبرك قاتله فالنار تأكل بعضها ان لم تجد ماتاكله»)
Proverbios hindús
-A frecha do desprezo
atravesa ata a cuncha de unha tartaruga
-Cando o último animal
morra, cando o último vexetal se seque, quizais o home entenda que o diñeiro
non se come.
-Isto é o cume de toda
xustiza: fai como queres que che fagan a
ti e non lle fagas ao teu veciño o que non queres que che fagan a ti.
-O corazón en paz ve unha
festa en todas as aldeas
-Se desexas ser feliz tes
que desexar ver aos outros felices tamén
Ningún comentario:
Publicar un comentario