Michael Frayn, (autor da obra de teatro) é un autor inglés, que naceu en 1933, e obtivo varias veces premios como o Standard Best Comedy Award e o SWET Best Comedy Award. En 1982 gañou ámbolos premios pola obra Noisses Off. Participou no guión da película con Marty Kaplan en 1992. Ademais dos éxitos que conseguiu como dramaturgo con varios premios polas súas comedias, destacou ademais como un bo tradutor do ruso ao inglés sobre todo de obras de Chekhov, sendo tamén un bo narrador, ademais de xornalista, guionista de televisión e cinema. En fin, dentro do mundo das letras dálle a varias cousas.
Peter Bogdanovich (Director do film): Naceu en 1939 cando os seus pais chegaron a Estados Unidos fuxindo dos nazis (o pai era un pianista serbio e a nai unha xudía de familia rica austríaca). Bogdanovich, que era un crítico cinematográfico, converteuse nun dos directores de cinema máis importantes a principios da década de 1970 (xunto con Coppola ou Scorsese) pero a súa carreira tivo altos e baixos, sobre todo a partir do segundo lustro dos setenta por razóns persoais. Na súa madurez creativa volveu deixar mostra do seu talento nos anos 90 e destacou sempre como director no difícil xénero da comedia moderna, aínda que tamén fixo dramas de moita calidade. Apareceu como director ocasional e actor na famosa serie de televisión Os Soprano e tamén foi historiador, crítico cultural, escritor e produtor de cinema. Recibiu a nominación ao Oscar como mellor director pola película de 1971 A derradeira película
Club de Lectura "As Portadas"
Ningún comentario:
Publicar un comentario