9 de xaneiro de 2023

Reorganización do club de Primaria para xaneiro

 Comezamos este mes de xaneiro cunha xuntanza do club de Primaria pois contamos con novas incorporacións...

En 5º temos dúas novas fichaxes, co que seremos 7 e seguiremos a quedar os recreos dos xoves, ás 11.25 horas.

En 6º chegaron 3 novas fichaxes, co que seremos 14 pero faremos dous grupos para preparar as nosas lecturas. Así, decidimos que para a actividade crearemos dous grupos, o Grupo "Branco" e o Grupo "X" (xe ou xis).

As e os integrantes son...

Grupo Branco (ensaio os venres ás 11.25 horas)


Grupo X (ensaio os martes ás 11.25 horas)


16 de decembro de 2022

Lectura de Juul


 Este mes de decembro volvemos ás reunións ordinarias do club de lectura, en concreto dos de 5º e 6º.

A obra que escollemos foi Juul, pensando xa na volta das vacacións e na posibilidade de ler unha obra que fale da violencia dos insultos e como lle afectan a un boneco.

A partir desta obra decidimos que xirará o noso traballo para preparar unha versión libre, adaptada por nós, para a representación no Día Escolar da Non Violencia (30 de xaneiro).

A nosa lectura foi en galego cunhas fichas de só texto, pero ante a curiosidade levantada no club pola dureza (e sorpresa) de que iso estivera nun libro infantil deixamos mostra dun enlace para achegarse á obra.

https://micolederiogordo.files.wordpress.com/2010/01/4016436-juul.pdf

O libro de Gregie de Maeyer e Koen Vanmechelen, aparentemente duro, é unha comprometida chamada de atención para que as persoas que o lean reflexionen sobre a crueldade e a violencia que pode chegar a darse entre a rapazada.

Con todo, Juul é un proxecto que intenta concienciar que tamén hai nenos e nenas (e persoas) que non insultan e invita a reflexionar como iso axuda aos demais. Nunha segunda parte, polo tanto, continuación do libro, podemos dialogar coa rapazada sobre que os insultos deconstrúen ao boneco e como as palabras de ánimo ou a atención adecuada nos axudan a reconstruírnos.

Polo tanto, sobre esta obra xirará a nosa actividade o vindeiro mes pero, como sempre, farémolo á nosa maneira.

E Bo Nadal!...

15 de decembro de 2022

Lectura de Primaria para o Nadal

 Despois dun parón pola ausencia do coordinador do club, volvemos con forza.

O club reuniuse de novo e decidiu ter unha obra recomendada para o nadal:

-O valo de Carlos Labraña

Esta obra está indicada tanto para 5º como para 6º, así que esperemos que nos guste

BOAS FESTAS!

13 de decembro de 2022

Club Atrevido

 O club atrevido reuniuse por primeira vez este curso. Os martes, preferentemente o primeiro de cada mes, de 12.15 a 12.40 teremos a xuntanza.

O club é de acceso libre pero as preferencias lectoras estableceranse a partir de pedimentos masculinos, coa finalidade de aumentar a presenza de lectores neste club.

A decisión xeral é que se lean preferentemente cómics, novelas gráficas e/ou banda deseñada. Tamén se admiten obras divertidas, comedias ou libros con sucesos cómicos...

Como primeira obra escollemos banda deseñada: 

El hobbit

25 de novembro de 2022

Lectura no 25N

 No Día da Violencia contra a Muller, o 25 N, o club de lectura seguiu activo (a pesar de que o coordinador este mes non pode estar no centro)

No club seguimos traballando e participamos nos actos que se realizaron para conmemorar esta data e seguir avanzando na loita pola igualdade.

O noso club, integrado por moitas mulleres, participou activamente nas actividades e moitas ofrecemos a lectura para o alumnado do centro.

Así, unha representación de alumnado do club de 5º e 6º de Primaria e parte de alumnado que integra o de ESO participaron na lectura de Haikus 

Con esta sinxela actividade contribuímos a seguir creando un mundo máis concienciado na non violencia contra a muller e na non discriminación por razón de sexo ás mulleres

28 de outubro de 2022

Actuación do club de lectura de ESO


Ola!

Despois  duns cursos nos que a pandemia do COVID nos tivo fóra de xogo para realizar actos conxuntos por fin volvemos a un curso onde podemos actuar xuntos e xuntas.

No Club de ESO estamos fundamentalmente xente de 1º e 2º de ESO e pasámolo moi ben preparando esta primeira lectura pública para o SAMAÍN.



Este curso recuperamos un clásico que nos encanta: Os sesos do morto. 





É un pequeno conto que imos relatando en inglés e que traducimos, case simultaneamente, ao galego...


Trátase dunha obra na que ademais se vai interactuando co público e na que lles ofrecemos unha experiencia case real...


Cos ollos tapados ímoslle pasando os restos mortais dun cádaver e comezan tocando os sesos pero logo van pasando outras partes do corpo...




Na EXECUCIÓN da obra estiveron 

Produtora: Noa

Lectora en inglés: Leila

Lector en galego: Marcos

Repartindo os restos mortais...

Alba, Daniela, Mariña Campañó, Yago, Sabela, Mariña Barreiro, Andrea e Sofía.


Este curso estendemos a nosa actuación polo centro. Por primeira vez actuamos para 5º e 6º de Primaria (era a primeira vez que se probaba con esta etapa educativa, e parace que lles gustou, son TERRIBLES...)

Primeiramente actuaramos para 1º e 2º de ESO, a seguir foron 3º e 4º para finalmente, despois do recreo, actuar por primeira vez para PRIMARIA e parece que o pasaron xenial, é dicir mal, tan mal como na ESO.

En fin, non queremos DESTRIPAR máis o que foi a experiencia pero como podedes ver foi ARREPIANTAMENTE ANIMADA...

dESPOIS disto, se podedes, que teñades...

BO SAMAÍN...


Vídeo da actuación de 6º de Primaria

 

Para lembrar o que fixemos aquí tendes a nosa actuación na segunda representación (na sesión que tivemos cos cursos de 2º, 3º e 4º de Primaria, pero fixemos outras dúas máis, eh!)

(Premede no seguinte enlace para ver a obra)

Mortiña, por 6º de Primaria