Este mes de febreiro fusionamos nunha actividade conxunta dúas das celebracións máis importantes: 1) o amor (e a candeloria...); 2) O Día de Rosalía de Castro. En concreto, pareceunos interesante fusionar estas datas pois permítennos relacionar e traballar con temas diversos ao mesmo tempo.
Así, para o 14 de febreiro temos o tan cacarexado Día do Amor, (e a primeiros de febreiro celébrase a Candeloria, onde se dícía que os paxariños tamén namoraban). Por outra banda temos a Rosalía de Castro cuxo día finalmente se celebra o 23 de febreiro, como aniversario do seu nacemento. Con esta base, decidimos que sería bo facer algo conxunto con Rosalía e o Amor...
Polo tanto, puxémonos a traballar nos poemas de amor de Rosalía de Castro e, ao mesmo tempo, tamén quixemos mostrar a outra cara desa situación, o desamor, cando se producen ausencias dos seres queridos ou se mostran dúbidas, traizóns e demais. Polo tanto fixemos un mural con poemas de Rosalía sobre esta situación.
Finalmente decidimos publicar o traballo no Taboleiro da Lingua para darlle visibilidade ao noso traballo e, ao mesmo tempo, colaboramos co EDLG para achegar o noso traballo aos seus actos, dado que solicitaron que contribuiramos ao Día da nosa grande Poeta. E así se fixo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario