Deixámosvos a obra coa que traballamos e que desenvolvemos desde propostas nosas...
A coidadora
6º (2024) |
|
|
|
|
|
Nen@ 1 |
|
Relatora 1 |
|
Nen@ 2 |
|
Relatora 2 |
|
Nen@ 3 |
|
Mai-nai |
Lucía |
Nen@ 4 |
|
Pai |
Mauro |
Nen@ 5 |
|
Coidadora |
Alexia |
Nen@ 6 |
|
|
|
Nen@ 7 |
|
|
|
Nen@8 |
|
R1: Bo día, nenas e nenos!
R2: Sabedes en que Día estamos?
R1: Pois, si, no Día Escolar da Paz e da Non Violencia
R2: E desde o Club de lectura “As Portadas” quixemos facer dúas achegas para o Día Escolar da Paz e da Non Violencia
R1: O alumnado do Club de lectura de 5º vai facer unha obra titulada “A coidadora”
R2: Nesta obra, unha aia, que coida varios irmáns vai ter moitos problemas para educalos.
R1: Logo, veredes unha actuación do club de 6º
R2: Nela, os rapaces e rapazas van intentar enfrontarse a un violento virus que provoca agresividade.
R1: Pero iso será despois
R2: Agora comezaremos coa actuación de 5º
R1: Todo sucede nunha casa de 8 irmáns.
R2: Un pai con descendentes e unha nai que tiña tamén outros descendentes, xuntáronse e crearon unha nova familia.
R1: Como supoñeredes, nese lar é fácil que aparezan problemas
R2: Como o pai e a nai traballan tiveron que contratar unha aia
R1: É dicir, unha coidadora que se ocupe da rapazada mentres eles non están
R2: Pero imos comezar a historia case polo final
R1: Os rapaces e rapazas cóntanlles aos proxenitores que a coidadora é moi mala
R2: Segundo eles e elas, pórtase moi mal…
SITUACIÓN 1 (nen@s e pais)
N1: Si. A coidadora é moi mala
N2: Bérranos moito
N3: E castíganos
N4: Sácanos as cousas
N5: Non nos deixa facer nada do que nos gusta
N6: Obríganos a facer tarefas da casa
N7: Non nos deixa utilizar internet
N8: Nin falar cos nosos amigos e amigas
M: Vaia… Así que é moi mala
P: E queredes que nós fagamos algo
N1: Si, facede algo
N2: Xa volo dixeramos algunha vez
N3: Non pode compartarse así con nós…
N4: Dicídello xa, porfa…
M: Imos velo ben…
SITUACIÓN 2 (M, P e C)
R1: Esta situación produciuse por algo..
R2: Pero imos coñecer os detalles
R1: Comecemos polo principio. Volvamos atrás no tempo.
R2: Esta familia precisaba unha aia
R1: Así que ofertaron un posto de coidadora para vixiar @s fill@s mentres estaban no traballo
R2: E para iso fixeron unha entrevista de traballo para o posto… Vexamos como foi…
M: Non me gustan demasiado as persoas que viñeron, asustoulles un pouco a situación…
P: Pois só nos queda unha candidata
M: Que pase
P: Adiante, moza!
C: Bo día
M: Bo día, sabe que tipo de posto ofrecemos, non?
C: Si, señora. Son familia numerosa e precisan unha coidadora
P: A miña muller tiña 3 fillos e eu tiña outros 3. Ademais agora tivemos dous máis, polo que son 8 en total.
C: Comprendo. Pero non importa. Aquí conviven todos e todas como irmáns e como tales deberán comportarse, supoño
M: Non lle queremos ocultar que ás veces a situación é difícil…
C: Supoño. Son 8 menores de idade convivindo nun espazo relativamente reducido
P: Nós temos que traballar os dous para pagar as facturas… Pero iso fai que non teñamos demasiado tempo para coidalos
M: As súas referencias son boas. Ten estudos superiores e ciclos formativos como coidadora infantil. Pero non sei se lle interesa este posto.
C: A verdade é que traballei coidando familias menos numerosas pero gústanme os retos. Non sería un problema o que ofrecen.
P: Pois ben, non temos máis que dicir que lle pagaremos o soldo ofrecido no convenio e se ten que facer máis horas pagarémolas aparte
C: Por esa parte tamén estaríamos de acordo.
M: Pois enviarémoslle unha mensaxe se é a elixida…
C: Ata logo
(a coidadora vaise)
P: Que che parece.
M: É a mellor
P: Collémola, logo
M: Mándalle a mensaxe xa…
SITUACIÓN 3 (c e n1-n4)
R1: Aos poucos días a coidadora comezou a traballar
R2: @s catro máis pequen@s da casa deixaban os xoguetes tirados
R1: Tampouco lles gustaba facer os deberes
R2: Así que só querían xogar…
R1: Pero a coidadora comezou por cambiar algunhas cousas…
R2: Tivo que intervir cando estaban xogando ás agachadas
N1: Atopeite… (a n2)
N3: Por min e polos meus compañeiros…
N2: Quedo libre
N1: Non, ao que atopei queda preso, só se libran @s que faltan por pillar…
N4: Iso é se o dixeras na panda, pero non vale só con velo
N1: Pois eu non vou quedar, tócalle a ela…
N2: Non, es ti outra vez
(comezan a discutir e empurrarse…)
C: Eh, alto! Que pasa
N3: Que ten que volver quedar e non quere
C: Pero non hai que pelexar para iso. Fixestes os deberes?
N4: Non, farémolos despois de xogar…
C: Non! Tendes que facelos agora e ao acabar deixareivos xogar
N1: É inxusto
C: E recollestes os xoguetes?
N2: Recollerémolos despois de cear
C: Non, despois de cear iredes para a cama. Recóllense os xoguetes cando se deixa de xogar con eles.
N3: Buah! Isto é un “rollo”. Así non mola
C: (recolle algún xoguete) Agora faredes os deberes e despois recolleredes o resto de xoguetes que hai tirados. Se non o facedes, non vos devolverei estes que son os vosos favoritos…
N4: Isto é unha dictadura…
C: Non. Son as normas da casa, Quen non recolla ou non faga os deberes non recibirá o seu xoguete favorito… É un trato xusto.
(marcha a rapaza protestando e marmullando…)
SITUACIÓN 4 (c e n5-n8)
R1: Unha vez que arranxou a situación cos máis pequenos a coidadora foi visitar os maiores
R2: As 4 persoas coas que se ía atopar eran os e as adolescentes da casa.
R1: A coidadora atopounos deitados e deitadas, sen facer nada en todo o día, co cuarto desordenado, a roupa tirada e mirando o móbil…
R2: En fin, como moita mocidade fai...
C: Ola! Fixestes os deberes?
N5: Non nos raies tía
C: Non vos quero molestar, só quero saber como vos vai
N6: Tranqui, tía, nós controlamos.
C: O que non controlades é a orde... Está toda a roupa tirada. Hai que ordenar isto
N7: A ver, tronca; xa recolleremos despois
C: Non, hai que facelo xa... Ademais, hai que lavar e tender a roupa sucia
N8: ...Buah, que flipe...! Acabo de conseguir a mellor marca no xogo LEGENDS OF WAR... Siii (peta un chimpo de ledicia)
C: Ben, imos cambiar esta dinámica (dálle a un botón e colle un cable...)
N5: Eh! Que pasou.. Non hai internet...
N6: Ai, si! Non me vai... Curtaron a liña ou que?
N7: Noooon; foi ela... ten un cable na man
N8: É o cable da Wifi...
(protestan, enfádanse....)
N5: NON PODE SER?
N6: DE QUE VAS TÍA?
N7: TI FLIPAS OU QUE?
N8: DEVÓLVENOS A CONEXIÓN XAAAA....
C: Mirade. Imos facer un trato. Eu dareivos algo cando vós me deades algo. Se recolledes a roupa, ordenades o cuarto e facedes os deberes, devolvereivos a conexión un par de horas...
N5: o que? Só dúas horas ao día?!
C: Pois unha hora só
N6: Vale, vale, xa o facemos agora e déixanos dúas horas...
(marchan refunfuñando...)
SITUACIÓN 5 (toda a rapaza, mai e pai)
R1: Despois duns días coa nova aia, a rapazada non estaba contenta
R2: Non estaban de acordo cos seus métodos e foron protestarlle á nai e ao pai
R1: Agardáronnos cando chegaron de traballar
R2: E expuxéronlles os seus motivos longamente
N1: E fíxonos recoller os xoguetes
N2: E facer os deberes ao chegar do cole
N7: Si e a nós recoller a roupa e ordenar o cuarto
N8: Si, e senón non nos dá Wifi ou non lles deixa xogar aos pequenos
M: Pois a verdade é´que a casa está máis ordenada que nunca
P: Si. E do cole chamaron as titoras dicindo que mellorarades moito ultimamente
M: En fin, que a situación cambiou para mellor, parece
N3: Pero, pero...
N4: É que... pero...
P: Non hai peros que vallan... Parece que a cousa vai mellor. Así que imos cear que vimos cansos de traballar
(vanse os pais, xúntase a rapazada)
N5: Hai que facer algo
N6: Esta vai saber quen somos nós (sorrín)
SITUACIÓN 6 (c e n1-n4)
R1: As máis pequenas decidiron facerlle unha trasnada
R2: Prepararon un caldeiro de confeti pringoso para que lle caíra enriba á coidadora
R1: Puxérono nun alto
R2: E esperaron a que se achegara para tirarllo...
N1: Nina, podes vir?
C: Claro,
N2: Podes collerme ese libro, que non lle chego?
C: (Mira e ve o caldeiro) Cal, este?
N3: Si, tira tira
C: Non dou, ides ter que axudarme..
N4: Non, somos pequenos e non lle chegamos... tira ti...
(C tira pero aparta e cáelle o caldeiro á rapazada; marchan queixándose, ...)
N1: SERÁ POSIBLE,
N2: CAIUNOS A NÓS
C (ri): e cando vos lavedes vindes aquí e recollédelo, senón quitareivos os xoguetes unha semana...
N3: Aínda por riba...
N4: Cala, que senón valo facer peor...
SITUACIÓN 7 (n5-n8 e c)
R1: Logo foi reclamada polos adolescentes
R2: Estes fixeran un cambio
R1: No azucreiro puxeran sal fino, polo que parecía azucre
R2: E chamárona para que tomase un café
N5: E non lle pasará nada, non?
N6: Que va! Só botará sal no café, saberalle algo salgado, ghe ghe
N7: Veña! Chamámola. NINAAA! Podes vir.
C (chega): Ola! Queredes algo?
N8: Si. Como traballas moito preparámosche un café... Aí tes o azucre...
C: Grazas. A verdade é que o agradezo. Un café quentiño con azucre sentarame ben... (proba)
N5:Que tal?
C; Ummm, sabe algo raro... (érguese, móvese como mareada) Ai! Non me sinto ben... (marcha)...
N6: Que lle pasou?
N7: E se a envelenamos?
N8: Non ho, só era sal...
C (volve, con ronchas na cara –pasta de dentes-): Ai, saíronme ronchas. Non me botariades sal no café... Son alérxica ao sal.... e PONME A MORRER...
N5: Que fixemos???
C: Estou fatal, vou esvaecer (cae ao chan)
N6: Ai que nola cargamos!!!
N7: Vaia trasnada fixemos....
N8: Papá e mamá vannos matar a nós
N5: Pobre Nina. Era moi boa. Só quería que nos portásemos mellor e mira como lle pagamos...
N6: Daría o que fose para que se puxese ben.
N7: E eu
N8: Eu ata deixaría de xogar ao LEGENDS OF WAR durante un mes...
C (Volve en si): Pois trato feito
N5: Nina, es ti?
C: Si.
N6: Pero como...
C: Só é pasta de dentes, non son alérxica ao sal...
N7: Pero asustáchesnos.
C: Para que teñades coidado coas bromas. Podedes facerlle dano a alguén.
N8: Fixeches trampa. Non sei se cumprirei a promesa de non xogar.
C: Ti verás (vanse)
SITUACIÓN 8 (rapazada, nai, pai e logo coidadora)
R1: E volvemos a principio
R2: Que xa é o final
R1: A rapazada estaba queixándoselle á nai e ao pai
M: Vaia… Así que é moi mala
P: E queredes que nós fagamos algo
N1: Si, facede algo
N2: Xa volo dixeramos algunha vez
N3: Non pode compartarse así con nós…
N4: Dicídello xa, porfa…
M: Imos velo ben…
P: Nina, ven.
M: A ver, queremos felicitarte polo traballo que levas feito;
P: Melloraron moito as notas no cole dos nosos fillos e fillas
M: A casa está limpa e ordenada
P: Van á súa hora para a cama, fan as tarefas. Todo ben.
M: Pero din que es mala e que te vaias. Así que se iso pasa un teremos que deixar de traballar para coidalos porque ningunha aia aguantaba a este grupo
P: Pero as normas seguirán sendo as mesmas que contigo, porque a cousa funciona...
M: E como un non traballa haberá menos cartos polo que teremos que deixar de pagar internet ou comprar xoguetes...
N1: Eu non quero que se vaia
N5: En fin, eu realmente tampouco quero que se vaia
N6: Nin eu
N7: En realidade, igual nos pasamos. Só queriamos privilexios e non responsabilidades
N8: Eu vou cumprir a promesa. Non xogarei a LEGENDS OF WAR durante un mes
N2: Só pensabamos en nós pero eu prometo portarme mellor
N3: E non volveremos facerlle ningunha trasnada
N4: No fondo, sabemos que é máis lista que nós e iso é o que nos molestaba... Que nos gañaba sempre.
C: Nenas e nenos, eu quérovos moito, pero iso non quere dicir que ás veces non teña que ser estrita con vós porque onde hai moita xente hai que funcionar cun pouco de orde. Pero se nos organizamos ben hai tempo para todo
P: Ben, parece que reconsiderades a situación
M: Pero non vos desculpastes adecuadamente
RAPAZADA TODA: Sentímolo Nina...
C: Non pasa nada, no fondo, divertímonos moito...
N1: Pois si...
C: E agora, a limpar o chan que quedou cheo de pasta de dentes.
N2: Xa empezamos de novo...
(Rin tod@s)
R2: E así remata a historia desta familia
R1: Que resolveron os seus conflitos mirando cal era o problema, recoñecendo erros e buscando solucións
R2: Oxalá fixeran así con todos os conflitos do mundo
R1: E buscasen solucións aos problemas en vez de facer guerras...
R2: Polo que desde o club de 5º dicimos...
TOD@S XUNT@S:
NON ÁS GUERRAS E SI Á PAZ E Á NON VIOLENCIA NO MUNDO
Ningún comentario:
Publicar un comentario