A idea é que este ano fagamos unha visita co club a Celanova, onde visitaremos a Casa Museo de Curros, lugar onde viviu coa súa familia ata a mocidade.
Tamén nos achegaremos a Vilanova dos Infantes para ver a Torre e unha réplica da Virxe de Cristal, santa arredor da que había unha lenda á que o autor ourensán lle creou unha fermosa composición que o levou a obter un premio que lle supuxo moito recoñecemento na época...
Para preparar todo iso, pois, imos ler unha escolma de poemas de Aires da miña terra e tamén un fragmento da obra A Virxe de Cristal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario