Deixámosvos coa obra que representamos:
A nova mociña
presumida (versión libre de A
ratiña presumida)
Mociña: Lara
Amiga: Eva
Mociño: Xoel
Malote: Sebas (no papel de Iván)
Rapeiro: Nayara
Mozo Relambido: Vanessa
………………………………………………………………………………
MOCIÑA (no
parque): Que bo día está hoxe, vai moita calor.
MOCIÑO: Ola,
Lara, bo día
LARA: Que queres?
XOEL: Queres vir
comigo ao cine.
LARA: Non, estou
esperando por unha amiga.
XOEL: Vale, se
non queres non pasa nada.
LARA: Oh, algo
brilla aí.
XOEL: Cólleo a
ver que é
LARA: Oh! Unha
moeda de ouro. Que sorte.
……………………………………..
Chega Eva.
EVA: Ola! Que tes
aí Lara?
LARA: Mira,
atopei unha moeda de ouro
EVA: Que sorte.
Poderás comprar un libro
LARA: Non, que
son moi aburridos.
EVA: Pois un
lapis e papel
LARA: Non, que me
aburrirei
XOEL: E unha
mascota?
LARA: Non, que
dan moito a nota
EVA: E entón que
queres mercar coa moeda de ouro?
LARA: Maquillaxe
para a cara, un lazo para o pelo e roupa para o corpo
EVA: E para que
queres iso todo?
LARA: Para atopar
un bo mozo.
EVA: E cando o
vas mercar?
LARA: Agora á
tenda vou xa. Quéresme acopañar?
EVA: Si, non teño
nada que facer esta mañá.
Marchan Eva e Lara.
……..
IVÁN: Ola Xoel.
Que fas aquí
XOEL: Estaba con
Eva e Lara, pero deixáronme só
IVÁN: A onde
foron?
XOEL: marcharon
de compras.
IVÁN: E iso?
XOEL: Lara atopou
unha moeda e marchou gastala.
IVÁN: E que vai
mercar
XOEL: Maquillaxe,
roupa, lazos, cousas que lle gustán á maioría das mulleres
IVÁN: Ás veces
anque a mona se vista de seda…
XOEL: Pero que
malote es.. Olla aí veñen
Chega Lara
IVÁN: Buá, pero
quen é esa?
XOEL: É Lara, ou
iso creo
IVÁN (a Lara):
Ola, tronca, que ben estás! Queres vir dar un voltio comigo
LARA: En coche?
IVÁN: Non, que
non teño
LARA: Pero que te
cres, que vou andar por aí no cochiño de San Fernando
IVÁN: Si, un
pouquiño a pé e outro pouquiño andando.
LARA: Pois vai indo
ti e eu quédote aquí agardando
IVÁN: Ven, non te
aburrirás, son moi gracioso, xa o verás
LARA: Iso é o que
quererás, mais o meu caso non terás.
IVÁN: Vente, non
te arrepentirás xa que moito te divertirás.
LARA: Non teño
tempo para parvadas; vaite, non te quero ver máis.
IVÁN: Como
queiras. (a Eva); Eva, queres vir comigo, vaste divertir
EVA: Non quero
deixar soa a miña amiga.
IVÁN: Como vexas,
pero se o queres pasar ben, ven cando queiras.
EVA: Vale.
(Marcha Iván)
LARA: Que pesado
é?
EVA: Pois a min
paréceme simpático
LARA: E tampouco
é moi guapo
EVA: Pero feo
tampouco
LARA: Tampouco é
rico
EVA: Pero moi
divertido
LARA: Dá igual,
hai homes moito mellores
(Chega o Rapeiro)
RAPEIRO: Que pasa
tías, molades mogollón
Se me facedes caso, rapearedes
un montón
LARA: Non me
gusta o rap
RAPEIRO: Escoita
o meu verso
Que o saiba o universo
Es a moza máis bonita
Que hai nesta vila
LARA: Tes unha
casa luxosa?
RAPEIRO: De cama
a herba
De manta as estrelas
É a mellor cela
Para estar cunha moceta
LARA: Se non tes casa,
para que vou estar contigo
RAPEIRO:
Rapeareiche cancións de amor
Cantareiche para sanar a túa dor
E Verás sempre o mundo de cor
LARA: Non me
gustas, alónxate de min
RAPEIRO: Se non
me queres xunto a ti
Agora me vou de aquí;
Eva bonita, queres vir?
Ímonos divertir
EVA: Non, que non
quero deixar a miña amiga soa.
RAPEIRO: Vale,
non te preocupes, tía
Vou para aquela esquina,
Alí estarei cando ti queiras
(Marcha o
Rapeiro)
LARA: Que pesados
son, tía
EVA: Pero non
canta mal
LARA: A min iso
dáme igual
EVA: Pero era
máis divertido cando tiñamos amigos, pasabámolo mellor
LARA: Agora que
son tan guapa e algo rica, só quero ter un mozo e casar
EVA: Aínda somos
novas, iso non é tan importante
LARA: Como que
non, se atopo un mozo guapo, rico, con coche e casa grande non haberá nada
mellor no mundo.
EVA: Hai cousas
máis importantes en que pensar que en casar á nosa idade
LARA: Si, en que?
EVA: En ter
amigos, ser bo cos demais, apoialos cando lles fai falta, axudar se podes, non pensar só en roupa e casar.
(Chega o neno
relambido)
RELAMBIDO: Que
oen os meus ouvidos. Que non é
importante pensar en roupa e casar? Pero se iso é o máis fashion que existe. Como me
gusta esta moza tan fantastic que
está aquí (mirando a LARA)
LARA: Si, ti cres
que son fantastic?
RELAMBIDO: Pois
claro. Por certo, a ti non che gustaría pasear nun marabilloso coche deportivo
LARA: Pois claro
RELAMBIDO: E non che gustaría vivir nunha casa mega
impresionante
LARA: Non quero
outra cousa na vida
RELAMBIDO: E non
che gustaría un mozo super molón ao que queren todas pero que el só pensa en ti
LARA: Pois claro
que me fliparía
RELAMBIDO: Pois
se vés comigo terás todo iso e máis.
LARA: Ai! Es o
home dos meus soños. Márchome contigo
EVA: Pero Lara,
que fas, se o acabas de coñecer
LARA: Quita Eva,
chegou o amor da miña vida
EVA: Espera non
te vaias e non me deixes soa, que eu sempre estiven contigo.
LARA: Síntoo,
pero é máis importante ter mozo que amigas. Ciao Eva.
RELAMBIDO: Oh si,
ademais non pega nada contigo. Ciao farrapenta
(Marchan rindo e
deixan a Eva soa)
EVA: Espero que
non se arrepinta do que fai. En fin. Vou ir buscar o resto da panda
(Marcha Eva)
………….
(Entran facendo
bromas e rindo todos)
XOEL: Ei! Parade
un momento. Sabedes onde estamos?
EVA: Si, este é o
parque onde viñamos con Lara.
IVÁN: Que sería
de ela
EVA: Xa hai dous
meses que marchou e non volvemos ter novas súas
RAPEIRO: A
verdade é que era guapa, pero moi estirada
EVA: Era boa
amiga, pero desde que só pensou en ter mozo rico obsesionouse e olvidouse dos
amigos de toda a vida.
(Entra LARA,
farrapenta)
XOEL: Ei! Quen
ven aí
IVÁN: Non sei,
parece…
EVA: É Lara.
RAPEIRO: Ei, tía
que che pasou?
Foi alguén que te roubou?
LARA: Ola amigos,
non, non foi iso
XOEL: Que
aconteceu entón.
LARA: Nada
IVÁN: (con
ironía) Ah si! Por iso se te ve mellor ca nunca
(Rin sen malicia
todos e abrázana)
EVA: Cóntanos que
che pasou de verdade. Eu era a túa mellor amiga e eles foron bos pretendentes
aos que rexeitaches como mozos e como amigos. Podes confiar en nós.
LARA: Pois o neno
relambido ese co que me fun… ao principio moi ben, pero logo non era tan bo
como parecía
EVA: E logo?
LARA: Pois o
coche deportivo era de cuarta ou quinta man. Aos dous días rebentou. E
enfadouse todo, berroume como se eu fose culpable
IVÁN: Que
miserable
LARA: e despois a
casa era grande, pero estaba toda porca e púxome a limpala. El dixo que para
iso valía unha muller. Para varrer
RAPEIRO: O que
hai que ver
LARA: E tamén que
tiña que lavarlle a roupa, facer o xantar, ir á compra mentres el ía cos amigos
ao bar.
EVA: Será caimán
LARA: En fin, que
me cansei e cando lle dixen que xa non me quedaba diñeiro porque o que me deran
pola moeda de ouro xa o gastara el púxose todo fero e levantoume a man
EVA: Será animal
LARA: Si, e escapei.
Creo que me equivoquei ao elixilo a el.
EVA: Non importa,
porque aquí tes unha amiga
XOEL: E un amigo
IVÁN: E dous
RAPEIRO: E tres
LARA: Agora si
que o sei. Ter amigos é máis importante do que pensei.
EVA: E lémbrao
sempre
Non xulgues polas apariencias
Actúa con conciencia
TODOS:
Porque se cadra é peor
O que che parece mellor
FIN
encantoume a obra,estivo xenial!Ainda que un pouco menos ensaiada,pero xenial
ResponderEliminarMARIA GOLDAR