Esta é a historia creada polo club:
CONTO DE SAMAÍN. Club de Lectura “As Portadas” (5º
Primaria)
Había unha vez un
ananiño que se chamaba Xaquín. Vivía en Vilachán cos seus pais, María e Daniel.
Gustáballe ver a televisión, nadar no mar e tamén lle gustaba xogar cos seus
amigos: Xoán, Lucas e Delfi.
Os seus amigos ás
veces burlábanse do seu tamaño. Un día, xogando ás agachadas, Xaquín, como
estaba algo enfadado, alonxouse moito e perdeuse na entrada do bosque. Xaquín non
sabía onde estaba ata que veu unha casa marabillosa. Alí vivía a aprendiz de
bruxa Parisa. Era unha muller rica que metera os seus aforros en practicar
meiguería.
O anano pediulle que o fixese volver á súa
aldea. Ela púxolle como condición que lle deixase practicar os seus trucos de
meiguería e que así volvería o anano cos seus amigos.
Saíu da casa,
botoulle un feitizo pero… volveuno máis
cativo do que xa era. Xaquín empequeneceu, empequeneceu e volveuse moito máis
pequeno.
Ao verse así,
Xaquín marchou de alí correndo e sen darse conta chegou a onde estaban os seus
amigos. Ao velo dixéronlle que era un anano, unha mosquiña, un pitiño.
El pensou. O
único que me pode axudar é o Gran Científico de Vilachán. El sabe moito e
pódeme curar. Xaquín cruzou o bosque e atopou moitos animais feroces, pero como
era tan pequeno agochábase con facilidade e non o descubrían.
Por fin chegou ao
Instituto da Ciencia. Alí traballaba o Gran Científico. Xaquín achegouse e
díxolle que quería que o fixese máis grande porque lle botaran un feitizo.
O científico
díxolle que non podía desfacer o feitizo
porque a súa ciencia non se baseaba nos encantos máxicos. E entón o Gran Científico preguntoulle como
chegara alí.
Xaquín díxolle
que atravesara o bosque cheo de feras e que agochándose debaixo de fentos e
toxos conseguira chegar ata alí.
O Gran Científico
entón díxolle que o que era un problema, a súa estatura, convertérase nunha
vantaxe. E díxolle: non te avorgoñes do que es e aproveita sempre as túas
posibilidades.
No regreso Xaquín
volveu agocharse entre plantas e árbores no bosque e as feras non lle fixeron
nada. Cando chegou onda os seus amigos sentíase ben porque o seu tamaño
axudáralle a escapar dos animais perigosos do bosque.
Cando lles contou
todo aquilo eles escoitábano con atención. Xaquín comezou a sentirse máis
grande, máis grande e máis grande porque fixera algo importante. O seu tamaño
non importaba, o que fixera marabillou os seus amigos.
Cando se
ergueron, a Meiga aprendiz chegou alí e díxolles: os meus feitizos non están
completos e aínda non son poderosos. Os seus efectos pasarán esta noite.
Ao día seguinte
Xaquín recuperou o seu tamaño pero en realidade medrara moito máis coas
aventuras que lle pasaran. E dende entón nunca máis se sentiu pequeno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario