Ademais de render homenaxe a Roberto Vidal Bolaño cunha obra protagonizado por integrantes do club de ESO, fixéronse outros actos como entregar os premios dos concursos de microtextos que leron as integrantes do club de lectura.
Pero o club de lectura tivo un forte protagonismo xa que a chegada este ano do club de Primaria está a ser moi forte. Dado que Vidal Bolaño era un home de teatro, no club de primaria quixeron facer unha obra tamén, pero querían achegarse a un dos clásicos deste xénero: Romeo e Xulieta.
Así, fixemos unha adaptación do clásico de Shakespeare para que o puidesen representar neste acto das letras galegas. O resultado foi a colocación en escena de 16 actores e actrices de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Tivemos en 16 escenas a tráxica historia dos dous amantes de Verona.
Loita dos Montesco e os Capuletos
Ningún comentario:
Publicar un comentario