Ao final do segundo trimestre e principio deste repartimos esta banda deseñada (cómic) publicada no 2008, para logo facer unha visión da película de animación baseada nesta historia no 2011.
A verdade é que unha historia diferente sobre a terceira idade. Fala sobre moitas cousas como a sensación de abandono, a soidade, o alzheimer, a cobiza ou os pequenos enganos pero tamén sobre a amizade, a solidariedade e a axuda mutua. Todo isto no medio dunha trama na que uns anciáns se verán envoltos nunha aventura
Paco Roca: É o autor do cómic e foi tamén guionista e director artístico do film; destaca que por esta obra levou o Premio Nacional de Cómic.
Ignacio Ferreras: É o director da película de animación que levou diversos premios en diferentes festivais