Manolo Bugallo
Xoán Constenla
Emilio Lorenzo
Sara Rosales
Susana Sabarís
Susana Simó
Manolo Teixeira
O primeiro libro que lemos foi A desaparición de Esme Lennox, publicada orixinalmente en inglés no 2006 e Premio Novela Europea Casino Santiago 2010. A obra trata dunha moza que descobre que tiña unha tía avoa vivindo nun psiquiátrico desde facía 60 anos e á que ninguén na familia recordaba ou quería recordar... A obra alterna pasaxes da década de 1930 con pasaxes de principios do século XX para acabar descubrindo quen era Esme realmente, e por que a familia a quixo ou fixo esquecer.
A autora do libro é Maggie O'Farrel, escritora nacida en Irlanda do Norte no ano 1972 e que reside en Edimburgo, Escocia. Esta escritora adoita publicar novelas nas que se descobre un misterio dentro dun ambiente familiar que agacha un segredo durante moito tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario