Poirot é o detective belga protagonista de Asasinato no Orient Express e tamén de outras obras da escritora Agatha Christie. Apareceu por primeira vez en 1920, n'O misterioso caso Styles e apareceu por última vez en 1975 en "Pano", un ano antes do pasamento da propia escritora que o creou.
Poirot foi descrito como un homiño baixo, calvo e cun longo bigote. Ten modais refinados e é moi ordenado e metódico. Esa orde e método sérvenlle para indagar mellor. Intercala frases en francés "prototípicas" e comete algúns erros gramaticais en inglés aínda que o fala bastante ben.
Poirot era un membro da Policía belga pero chega como refuxiado a Inglaterra despois da Primeira Guerra Mundial. Convértese en detective privado e acada un grande éxito pola resolución de numerosos casos polémicos e escuros. A súa sona persoal medra ao tempo que medra a literaria e chega a converterse no personaxe máis coñecido de Ágatha Cristie.
Existen diversas series e películas sobre Poirot, pero a serie de TV protagonizada por David Suchet é probablemente a mellor e tamén a máis longa no tempo. Apareceu por primeira vez en 1989 en episodios de aproximadamente 30 minutos e segue na actualidade con longametraxes de 90 minutos. Leva, en conclusión, máis de 20 anos gravándose a serie-telefilm para a televisión.
Pódense ver episodios en Youtube, mon amie
Ningún comentario:
Publicar un comentario