Este curso realizamos unha primeira saída do club "As Portadas" do CPI Domingo Fontán para encontrarnos cos clubs de lectura do CPI Aurelio Rei de Cuntis e do IES Antón Losada Diéguez d' A Estrada. A xuntanza realizouse o martes 13 de novembro pola tarde.
Posteriormente os clubs subimos a pé ata Castrolandín, onde vimos o castro e gozamos das vistas sobre a vila d'O Baño, é dicir, Cuntis
Unha guía mostrounos o sitio e falounos da cultura castrexa e como se está a recuperar a zona de Castrolandín
Despois fomos ata a biblioteca de Cuntis onde nos ofreceron unha charla sobre a escritura e o debuxo. Héitor Picallo mostrounos como poder debuxar sobre materiais moi simples e como poder ser creativos ao tempo que reciclamos.
Logo fixemos unhas exposicións de lecturas e traballos dos clubs.
O club d´A Estrada fixo un resumo sobre a Odisea.
Logo fixeron uns experimentos lúdico-científicos
O club de Cuntis fixo un recitado de poemas
O club As Portadas fixemos un contacontos colectivo que prepararamos en inglés e galego para o Samaín
Logo fixemos outro contacontos interactuando co público dos outros clubs: os restos do morto
As contadoras do segundo conto
De volta ao CPI de Cuntis tomamos uns pinchos e fixemos unhas fotos do noso club
E tamén quedaron algunhas imaxes dos clubs mesturados que foron facendo amizades, especialmente Juan e Fran...
E, despois, de volta para a casa que xa era ben de noite...
N excursión a cuntis, pasámolo moi ben. Pero tivemos que camiñar moito para chegar o castro Landín, pero valeu a pena o final acabámonos divertindo moito todos xuntos e o mellor foi comentando todos os chismes cos profesores jaja
ResponderEliminar