O libro que lemos en nadal e comentamos en xaneiro no club de lectura As Portadas foi O Diario secreto de Adrián Mole, publicado en galego en 1997 por Xerais.
O libro está escrito en forma de diario e comeza o 1 de xaneiro de 1980, cando Adrian Mole ten trece anos e tres cuartos e remata cando ten quince anos.
Adrián escribe cada día no seu diario e pouco a pouco vas coñecendo o seu mundo e a sua realidade: o seu crecente amor por Pandora, as ameazas e abusos de Barry –o matón do instituto-, os problemas de seus pais, o seu soño de ser escritor e os seus medos e frustracions con respecto a seus pais.
O mellor do libro é que se trata dunha historia sobre o crecemento con grandes doses de humor, sorpresa e sentimentos ao tempo que se van contando cousas duras: problemas no instituto, separación dos pais, medo pola moza que lle gusta,…
En xeral o libro trata temas tan reais como a crise económica de Inglaterra en 1980 pero coa que estamos a vivir ao noso arredor hoxe en día (paro, inseguridade no traballo, etc) parece que todos coñecemos, entendemos e incluso vivimos, nesa época, se ben é certo que a obra fala da época na que, máis ou menos, casou Lady Di con Carlos de Inglaterra,
En conclusión pódese dicir que aínda que o mundo cambiou algo séguese parecendo bastante ao de hai 30 anos e iso fai que o libro siga a resultar interesante; ademais mostra como nas situacións duras non hai que perder de todo o bo humor e pensar nos demais aínda que sexamos un pouco egoístas ao mesmo tempo: é unha boa maneira de reflexionar sobre nós e o que nos rodea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario