LIBRO. Resumo e comentario
Jack, un exprofesor e escritor en paro consegue un traballo no inverno. Será o encargado de mantemento dun hotel. Ao acabar a temporada de verán múdase coa súa familia para ocuparse do hotel na estación invernal; só están el, o seu fillo Dani e a súa muller, Wendy. Jack ten que coidar do hotel, reparar algún desperfecto, acender a calefacción nunha parte distinta cada día e vixiar que a presión non suba porque pode rebentar a caldeira.
Dani, o fillo, ten o resplandor, unha dobre identidade, un amigo imaxinario co que fala comenta as cousas, e na maioria da película déixase levar polo que éste lle di. Ao chegar ao hotel encóntrase co cociñeiro Dick Hallorann, que tamén ten o “esplendor” ou “resplandor” e que lle comenta que máis xente o ten. Dille, que non teña medo se ve algo extraño no hotel, que non se achegue á habitación 213 e que se precisa del que o chame coa mente porque o percibirá
Antes de quedar illados pola neve, Danny percibe un perigo no hotel, xa que ten a capacidade de presentir cousas e baixan á vila para visitar un doutor e preguntar como ve o neno. O doutor di que ese “presentimento” ou capacidade para adiviñar cousas explícase porque se debía a que coñecía a información aínda que non fose consciente diso.
Ao volver ao hotel os pais están máis calmados pero non seguros xa que comezan a suceder cousas raras. O pai percibe un día como as sebes do hotel, que están cortadas en formas de animal (leóns, cans, etc) parece que cobran vida e se moven. Un día, mentres xoga, o neno é atacado polas buxos e escapa por pouco. As feridas do neno aumentan a desconfianza entre os pais xa que a nai ten medo de que o pai lle faga dano ao rapaz xa que nunha ocasión lastimárao e rompéralle un brazo.
Neste inverno ocoorren moitas cousas. Dani empeza a ver pantasmas e Jack padece unha especie de doenza, un mal xenio incontrolado que lle supuxera a perda do traballo como profesor por baterlle a un alumno que pillara rabuñándolle o coche. Todo isto está agudizado porque cae de novo bebida e visita o bar onde fala cun camareiro, aínda que en principio o hotel estaba vacío. A presenza de seres no hotel, no que sucederan varias mortes antes, segue a facerse patente, xa que Danny atópase cunha muller na habitación prohibida que o ataca. Jack visita a habitación e percibe algo, pero dille a Wendy que non viu nada.
Todo o que pasa aumenta o proceso de esquizofrenia de Jack. Comeza a falar con seres e o “hotel” apodérase del. A muller, Wendy, é a única que se mantén ben e firme durante o libro e aguanta os ataques de Jack. Pelexan e bátelle, pero Jack, malferido segue atacándoa e dille que vai polo neno.
Danny, ou Doc familiarmente, envía una mensaxe a Dick Hallorann para que volva e o cociñeiro regresa para axudarlles. Cando chega ao hotel os cans e animais das sebes trábano pero Dick desfaise das criaturas vexetais animadas e entra no hotel. Axúdalle a Wendy e buscan a Doc. Este enfréntase ao hotel, que quería a Danny e os seus poderes; o neno baixa do terceiro andar rápido e sae con súa nai e Dick do hotel, que rebenta porque a presión da caldeira faino estoupar. Mentres o hotel se incendia, con Jack medio morto dentro, foxen pero ao entrar no garaxe Dick nota como algo aínda chama por eles. Marchan para escapar daquel sitio maldito.
No libro descríbense moitas situación de terror con pantasmas, aínda que certos capítulos son algo repetitivos. O libro podería ser igual de complexo e interesante sen certas paxinas e incluso episodios. Con todo, en xeral é un libro expectacular e para aquel que lle guste o xénero de terror é recomendable xa que Stephen King é un verdadeiro xenio nisto.
Este libro de Stephen King trata temas como o medo, a soidade, a esquizofrenia, os poderes ocultos, a violencia, o amor dos pais polos fillos, o amor e perda de amor entre os cónxuxes, a desconfianza, a bebida, as mentiras e moitos outros que fan que resulte moi interesante de interpretar. Pero, o mellor, é lelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario