Desde o club de 6º optamos por facer unha obra propia pero baseada nunha das ideas do decálogo de actuacións para a Paz...
A vacina contra o COVIOLENTO virus.
Así, puidemos deseñar unha obra baseada nas nosas integrantes e poder, ao mesmo tempo, desenvolver unha idea fantasiosa para o Día da Paz
Deixamos copia da obra
A vacina contra o COVIOLENTO VIRUS
6º (2024)
|
|
|
|
Relatora 1-xornalista 1
|
Estela
|
Soldado 1
|
Darío
|
Relatora 2-xornalista 2
|
Manuel
|
Soldado 2
|
Icía
|
Científica 1
|
Annette
|
|
|
Científica 2
|
Alba
|
|
|
Nen@ 1
|
Diana
|
|
|
Nen@ 2
|
Candela
|
|
|
Nen@ 3
|
Darío
|
|
|
Nen@ 4
|
Noe
|
|
|
Nen@ 5
|
Icía
|
|
|
R1: Ola, nenas e
nenos!
R2: Como moit@s de
vós sabedes a etapa máis dura do coranovirus xa pasou
R1: Pero aínda así,
non desapareceu de todo e seguen quedando moitos máis virus por aí.
R2: A gripe A, o novo
COVID, os arrefriamentos…
R1: Pero diredes vós…
Que teñen que ver os virus co Día Escolar da Paz e da Non Violencia?
R2: Pois… máis do que
parece, porque vos imos contar unha historia sobre un virus un pouco diferente
R1: Trátase dun virus
violento que se vai reproducindo en nós a medida que se reciben malas
contestacións ou situacións desagradables
R2: E as médicas e
científicas estanos estudando, porque aínda non saben o remedio
R1: Imos ver o que
pasaría se este virus existise
R2: Comezamos
contando a historia dun grupo de rapazas e rapaces que estaban xogando ao
fútbol no patio
SITUACIÓN 1 (n1-n2 vs n3-n4)
N1: Veña, imos meter
gol
N2: Coidado que che
van facer falta
N3: Ti non pasas,
pailán
N1: Ai!, fixéchesme
falta
N4: Non me sexades
queixicas. Estades feitos de palla.
N3: Si. Sodes de
palla,
N3-N4: sodes palla,
SODES PALLA, … (rin)
N1: Non somos de
palla, o que sodes é uns brutalláns
N2: Si, non se pode
xogar con vós, sempre andadaes a dar patadóns
N1: Eu paso, vou
xogar a outra cousa
(n1 e n2 marchan)
SITUACIÓN 2 (N1 E N2 chegan enfadadxs e atopan a N5)
N5: Que vos pasou
N1: A ti que che
importa?
N5: Eh!! Que eu non
che fixen nada
N1: Pois déixame en
PAZ
N5: Tranquilo, eh! Só
ía dicirvos se queriades xogar ao xadrez
N2: Déixanos en paz,
non queremos xogar a nada
N5: Que vos pasou,
volvestes perder co outro equipo
N2: Non, non rematou
o partido, pero sempre que imos meter gol dannos patadas e por riba
insúltannos.
N5: Pois non xoguedes
contra ese grupo
N2: Entón disnos que
non xoguemos ao fútbol?
N5: Ei, POR MIN
XOGADE AO QUE QUEIRADES, PERO DESPOIS NON VOS QUEIXEDES. Deixádeme en paz tamén,
eu non vos fixen nada
R1: @ nen@ 5
decatouse de que algo estaba a pasar
R2: Os brutalláns
enfadaran aos seus amigos e ao falar con eles ela acabou tamén enfadada
R1: Paul@ on entendía
ben que pasaba, pero agora ela volvérase tamén máis agresiva
R2: Como coñecía a
unhas médicas e científicas foi falar con elas.
SITUACIÓN 3 (científicas e n5)
C1: Ola, Paul@! Que
tal! Como estás?
C2: Canto tempo sen
verte! Que che pasou? Tés cara de preocupación….
N5: Pois si, é que
está pasando algo que non entendo
C1: Que foi logo?
N5: Pois antes
levabámonos ben todas e todos pero ultimamente empezou algunha xente a
comportarse de forma máis agresiva e iso levou a que as demais persoas tamén se
volvesen máis desegradables.
C2: E ti como te
sentes?
N5: Pois eu tamén
noto que estou empezando a responder mal, a levantar a voz…
C1: Ummm! Parece que
pode haber un contaxio, logo…
N5: COMO QUE ESTOU
CONTAXIADA… DE QUE?
C2: Tranquila, non
sabemos que pasa, temos que estudialo. Onde vos poderiamos ver?
N5: Pois, no parque
mesmo.
C1: Mañá ao saír do
colexio iremos vervos
N5: Si, é mellor que
o vexades vós mesmas
C2: Xa o estamos
empezando a ver…
(marchan)
R1: As científicas
achegáronse ao parque ao día seguinte
R2: A rapazada
decidira xogar ao pilla-pilla
SITUACIÓN 4 (tod@s, a rapazada xogando ao pilla, as
científicas observan desde lonxe)
N1: Pilleite (a N2)
N2: Pero de que vas?
Por que vés a por min?
N3: O xogo é así…
N2: Pero tíñate máis
preto a ti e colleume a min
N4: Pareceríalle máis
fácil pillarte a ti, como es máis lent@
N2: (empurra a N4)
Estou fart@ de ti, sempre a picar
N5: Parade. Nin
xogando ao pilla podemos estar tranquil@s
(as científicas
achéganse)
C1: Rapazas, rapaces.
Somos médicas e científicas. Xa nos coñecedes; podemos facervos unha proba?
C2: Non vai doer. Só
é mirarvos a temperatura e tomar unhas mostras
N5: Vale
N1: A min non me
importa
N2: Por min tamén
vale
N3: Eu xa teño ido á
vosa consulta. Claro que vos deixo mirar
N4: Si. Eu tamén vos
deixo.
(Miran a temperatura e toman mostras de cuspe)
C1: Ben, grazas pola
vosa colaboración
C2: E agora temos que
ir ao laboratorio a analizalas
tod@s: De nada…
(marchan)
R1: As médicas e
científicas marcharon preocupadas polo que viran
R2: E polas probas
que fixeran… Foron estudalas ao seu laboratorio…
SITUACIÓN 5 (laboratorio)
C1: A cousa está moi
mal; tiñan a temperatura bastante alta
C2: E a tensión
disparada…
C1: A ver que se
observa no microscopio
(miran)
C2: Vaia… Incrible…É
un virus descoñecido
C1: Si, parécese ao
do COVID e ao da gripe pero é máis vermello
C2: E aínda que é
microscópico ten un tamaño maior ca os outros virus, é como máis forte… e ten
cara de enfado
C1: Pois teremos que
poñerlle un nome…
C2: Que che parece…
COVIOLENTO VIRUS
C1: Moi ben… Porque
volve á xente máis agresiva…
C2: Si. Agora teremos
que buscar un remedio
C1: O mellor é que
comecemos a preparar unha vacina nova
C2: Si, senón a xente
vaise volver toda unha contra a outra…
SITUACIÓN 6 (as narradoras/relatoras fan de xornalistas
e entrevistan as científicas que descubriron a vacina…)
R1: Bo día! Abrimos
este noticieiro cunha excelente nova…
R2: Despois de varias
semanas de incerteza polo COVIOLENTO VIRUS que estaba infectando a nosa
sociedade pode que xa teñamos remedio…
R1: Dúas científicas
galegas que descubriran a orixe do virus pode que atoparan tamén a solución…
Unha vacina
R2: E témolas aquí
connosco… Dígannos, xa temos vacina para o COVIOLENTO VIRUS.
C1: Pois si. Despois
de varias semanas de ensaios conseguimos unha vacina que cremos que funcionará
R1: E que hai que
facer? Hai que vacinar a todo o mundo?
C2: Pois imos comezar
polos grupos escolares porque alí é onde descubrimos os primeiros brotes
R2: E é moi dolorosa?
C1: Que va… Unha
picadiña… e xa estás protexida
R1: Cando comezan coa
campaña de vacinación
C2: Mañá mesmo…
R2: Pois moita sorte
con este traballo.
(marchan)
SITUACIÓN 7 (as narradoras/relatoras fan de
xornalistas e comentan a campaña de vacinación…)
R1: Bo día! Hoxe
comeza a campaña de vacinación contra o COVIOLENTO VIRUS
R2: Estamos co grupo
de escolares aos que se lles descubriu que tiñan o COVIOLENTO VIRUS
R1: Eles e elas serán
con quen se comece esta campaña
R2: E as científicas-médicas
que descubriron o virus van poñer elas mesmas as vacinas. Comezan agora
C1: A ver, a primeira
persoa…
C2: Agora a segunda…
C1: Seguinte….
C2: Unha máis
C1: E a última por
hoxe…
R1: (falando con n1)
Como te sentes?
N1: Ben. Non me doeu
e parece que xa non estou tan enfadad@…
R2 (a n2): E ti que
tal?
N2: Case nin sentín a
picada da vacina e xa non noto calor na cara, que me poñía todo rubio…
R1 (a n3): E a túa
sensación?
N3: Eu nin me
decatei. E estou máis relaxad@... Xa vou notando os efectos
R2 (a n4): E como foi
a experiencia para ti?
N4: Sen sobresaltos;
non me doeu a inxección e agora nótome en paz
R1: E por último a
persoa que lles pediu ás doutoras que investigaran o que estaba a pasar. Como
foi todo?
N5: Pois creo que foi
ben… A min non me doeu a picada da inxección, o que me doía eran os comentarios
duros e os enfados que estábamos a ter e que nos facían pelexar…
R2: E unha pregunta
para as doutoras… Agora que virá…?
C1: Pois haberá que
seguir vacinando a todo o mundo que presentaba síntomas de COVIOLENTO VIRUS.
R1: E de que se
compón a vacina…
C2: Pois leva unha
enzima que neutraliza o virus vermello do COVIOLENTO VIRUS e transfórmao noutra
enzima beneficiosa para o organismo
R2: E non pensan en
exportalo para os grandes conflitos internacionais
C1: Estamos
traballando niso. Esperamos que poida valer para políticos e soldados que andan
masacrando poboacións polo mundo
R1: Pois cando estean
preparadas daremos esa información.
C2: Esperamos en breve poder probala e así ver se conseguimos
acabar coas guerras no mundo.
R2: Pois agardando
que este remedio funcione tamén cos exércitos, despedimos a conexión por hoxe
(marchan tod@s e a
rapazada rindo e con boa actitude)
SITUACIÓN 8 (xornalistas, científicas; soldados…)
R1: Bo día! Saudamos a nosa audiencia nun día especial.
Hoxe vaise probar a vacina contra o COVIOLENTO VIRUS cos soldados e políticos
que anda metidos en leas polo mundo
R2: Hoxe ímolo probar co exército de Israel que está
masacrando a poboación Palestina de Gaza..
C1: Achégate… (pon vacina)
Soldado 1: Aiiii
C2: Ven aquí (pon vacina)
Soldado 2: Uiiii
R1: Parece que lles doe
C1: É que tivemos que facer unha dose máis forte para que
funcione cos soldados e políticos que os mandan
R2: E será suficiente…?
C2: Non sabemos. Ímoslles poñer outras doses para que
paren de matar…. Vinde aquí….
(perseguen os soldados e estes escapan das picadas das
inxeccións, dicindo “déixame, para…”)
R1: E sen máis, despedímonos, agardando ir polo mundo
adiante que quedan moitos conflitos.
R2: Pero oxalá este remedio funcione… En Gaza, en Ucraína
e en moitas máis partes do mundo. Así que…
TOD@S XUNT@S:
NON Á
GUERRA, NON ÁS GUERRAS E NON AOS MASACRES DA POBOACIÓN INOCENTE DO MUNDO