20 de decembro de 2021

Os agasallos de nadal, vídeo do club de 6ºA

 O club de 6º A de Primaria estívose reunindo despois do Samaín para escoller unha historia para o nadal. Despois de ler algúns contos, escollemos unha historia dun neno caprichoso que aprende unha boa lección cando lle dan todo o que quere, pero con condicións.

Despois desa elección transformamos a historia nun guión para representar e acabamos facendo un vídeo para o nadal pero para reflexionar, para pensar que é tempo de matinar no que queremos de verdade, que é o importante e que non é fundamental nas nosas vidas...

Unha historia de maduración e de cambio... Esperemos que vos guste....

https://www.canva.com/design/DAEzHRoddJk/9TyQ9cg3FhjkC71w3zD60A/watch?utm_content=DAEzHRoddJk&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink


Adaptación de "O can morto" de Tolstoi polo club de 1º de ESO

 Durante os meses de novembro e decembro no Club de lectura de 1º de ESO-A estivemos a preparar unha adaptación do conto de Tolstoi "O can morto".

Primeiro lemos o conto e logo de constatar que podía ser unha boa obra para transmitir valores decidimos realizar un vídeo con ela para poder ser visualizada no centro.

O texto parécenos que pode transmitir aspectos como a solidariedade e que, de cara ao nadal, deben axudarnos a reflexionar para conseguir unha sociedade máis concienciada e non só ter bos desexos en ocasións determinadas...

Estamos moi contentas de ter realizado esta obra na que fixemos unha actualización da lectura e na que o can morto pasa a ser "O ser morto", que tanto pode ser un animal como un ser humano que aparece nunha praia... Ás veces non moi lonxe...

Podedes velo no seguinte enlace:

https://www.canva.com/design/DAEzCaPqCWw/epiAbZwTOtweZXjYZucwKQ/watch?utm_content=DAEzCaPqCWw&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink




19 de novembro de 2021

Reunión do club de 6ºA

 Este mes comezamos coa lectura de obras de misterio dado que se achega o Samaín.

Reunión do club de 1º ESO

 O club de lectura de 1º de ESO decidiu comezar con lecturas de medo dado que estamos na época do Samaín. Comezamos co libro Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo

Ademais, fixemos unha lectura compartida de "O Cumpremortes", un dos contos do libro e que comentamos logo brevemente entre todos e todas...

1ª reunión do club de adultos

 Na primeira reunión do club de adultos fixemos unhas propostas de gustos lectores e tomamos a decisión sobre o 1º libro que ler este curso. A decisión foi comezar con Izan o da saca de Xabier Quiroga.

20 de outubro de 2021

AS PORTADAS 2021-2022

 oLA!

Esta semana comezamos a andar no club de lectura. Despois do curso post-confinamento, no que non planificamos actividade no club, volvemos ás andadas...

Publicamos o calendario de reunións no taboleiro principal e imos facer agora o propio aquí no blog para que poidades consultar a seguinte xuntanza en calquera momento a través de internet.

Deixamos tamén a forma de organización e horario habitual dos grupos...

 

Grupos:

-Club de 6º Primaria (reunións os xoves cada quince días: A, un luns, B, o seguinte…)

-Club de 1º ESO (reunión os luns cada quince días: A, un luns, B, o seguinte…)

-Club atrevido (reunión unha vez ao mes, os martes; 1º, 1ª semana, 2º, 2ª semana, 3ª a 3ª semana e 4º a 4ª semana)

Club adulto (reunión unha vez ao mes, preferentemente a mediados de mes)

 

Lugar de reunión:

-alumnado: informática

-adultos: biblioteca

 

HORA DE REUNIÓN:

-alumnado: recreos

-adultos: 18.30 a 19.30


CALENDARIO PREVISIBLE DE REUNIÓNS

CLUB DE LECTURA AS PORTADAS

1º TRIMESTRE

 

OUTUBRO

NOVEMBRO

DECEMBRO

6º A

21

4, 18

2

6ºB

28

11, 25

9

1º ESO-A

18,

8,22

13

1º ESO-B

25

15, 29

20

ATREVIDOS 1º ESO

18-25

9

7

ATREVIDOS 2º ESO

19

16

14

ATREVIDOS 3º ESO

26

23

21

ATREVIDOS 4º ESO

(2n)

2, 30

(30n)

ADULTO

25

15

13

 


25 de marzo de 2020

Confinamentos e obras literarias

Nestas datas de confinamento obrigado polo decreto de Estado de Alarma levounos a pensar no club de lectura "As Portadas" (persoas adultas) en obras literarias que xurdiron de situacións semellantes. Nese sentido determinamos que se podían dar distintas situacións:



1) Obras literarias que arrincan a trama cunha situación de arredamento da sociedade por unha alarma xeral para afestarse dun andazo ou pandemia. O mellor exemplo sería o Decamerón, obra mestra da literatura medieval que comeza cun grupo de sete mozas e tres mozos que se illan para fuxir da Peste Negra de 1348 nas aforas de Florencia. Cada persoa conta 10 historias polo que temos ao final 100 relatos que se poden considerar contos longos ou noveliñas moi curtas. O escritor italiano G. Boccaccio escribiu esta obra entre 1351 e 1353 e mostra unha ampla variedade de narracións que se poden encadrar moitas delas no ámbito sensual


2) Obras nas que as autoras ou autores se recluíron por diversos motivos para compoñer as súas obras. Nesta liña teriamos unha obra que comezou sendo un relato que posteriormente se converteu nunha das novelas de terror máis recoñecidas da historia. Trátase de Frankestein da autora inglesa Mary Shelley. No verán de 1816 unha erupción volcánica provocou un pequeno cambio climático temporal que escureceu o ceo e arrefriou o tempo; este ano coñécese como o "ano sen verán" no hemisferio norte. Mary Shelley visitou, co seu marido Percy B. Shelley, a Lord Byron nunha vila termal suíza. Este escritor retou aos Shelley e ao seu médico persoal, Polidori, a escribir unha historia de terror. Mary non concluíu o libro pero redactou unha pequena historia que levaría, en 1818, a publicar unha das consideradas novelas góticas máis coñecidas da historia: Frankestein ou o moderno Prometeo,sendo reescrita por completo en 1831.


3) Obras nas que a autora foi protagonista dunha reclusión forzada e contou a súa experiencia. Nesta liña temos unha recoñecida obra tristemente famosa polas circunstancias históricas nas que se produciu a reclusión: A casa de atrás, máis coñecido como Diario de Ana Frank, obra que recolle os dous anos que esta adolescente permaneceu oculta dos nazis xunto coa súa familia de orixe xudía. A obra relata o día a día de 1942 a 1944 de 8 familiares nunha casa de Ámsterdam durante a Segunda Guerra Mundial que se agochan do exterminou nazi ata que son delatados e chegan as tropas alemás rexistrar a casa; xusto nese momento interrómpese a narración. Otto Frank, pai de Ana, foi o único das 8 persoas que alí estaban que sobreviviu aos campos de concentración e que posteriormente compilou os diarios da filla e os levou a publicar.

4) Obras (post)apocalípticas, baseadas nunha situación de desintegración da sociedade por mor de algún mal que leva a que cadaquén sobreviva como pode. Destaca neste apartado Ensaio sobre a cegueira do premio Nobel portugués José Saramago. A obra fala dunha pandemia que consiste nunha "cegueira branca" repentina que leva a confinar as persoas infectadas e á represión posterior do exército ata o punto de volverse case insostible a situación; o caos organizativo provoca unha situación na que as actuacións amorais se converten en habituais e a sociedade se desintegra; mais unha personaxe (a muller do médico) manterá a visión cando toda a humanidade se volve cega e iso converteraa en guía. Esta obra de 1995 é unha marabillosa obra mestra que mostra a fina liña que nos separa da deshumanización.

Tendo en conta todos estes parámetros podemos achegar unha listaxe de obras que dun xeito ou doutro cumpren estes requisitos relacionados co confinamento, sendo moitas delas grandes obras literarias. Vexamos as tiradas das propostas no noso Club:

A peste de Albert Camus
A morte en Venecia de Thomas Mann
Macbeth, Antonio e Cleopatra e Rei Lear de Shakespeare
Un hiver à Majorque de George Sand
Edipo rei de Sófocles
Os noivos de A. Manzoni
Diarios de Samuel Pepys
Diario do ano da peste de Daniel Defoe
La perorata del apestado de Gesualdo Bufalino
A máscara da morte vermella de E. Allan Poe
As rulas de Bakunin de A. Riveiro Coello
Gripe mortal de P. Carlos Caralps
Amor en los tiempos del cólera de Gabriel García Márquez
Los girasoles ciegos de Alberto Méndez
Asasinato no Orient Express de A. Christie 
Peste escarlata de J. London
A flor de piel de J. Moro
Laura no deserto de A. Riveiro Coello
Agosto do 36 de X. Fernández Ferreiro
El paciente inglés de Michael Ondaatje
Nazarín de Galdós
Campo francés de Max Aub
Sol de inverno de Rosa Aneiros
Cristo se detuvo en Eboli de Carlo Levi
La fundación de Buero Vallejo
Himmelweg de Juan Mayorga
De profundis de O. Wilde
Los vencidos de Antonio Ferres
Bretaña, Esmeraldina de X. L. Méndez Ferrín
Se isto é un home de Primo Levi
Más allá de la culpa y la expiación de Jean Améry
Cuerda de presas de Fidel Martínez
La voz dormida de Dulce Chacón
Kapo de Aleksandar Tisma
Sin destino de Kertész
Maus de Spiegelman
Seguir viviendo de Ruth Klüger
Ana no de Agustín Gómez Arcos
Una bala para el recuerdo de Maite Carranza
¡Hurra, estamos vivos! de Ernst Toller
La ratonera de A. Christie
Autobiografía de Manuel Martínez de Eduardo Romero
Necrópolis de Alfonso Sastre
Plop de Rafael Pinedo
Resistencia de Rosa Aneiros
A estrada de Cormac McCarthy