A lectura deste mes fala das diferentes maneiras de ser e de como clasificar as persoas. Nun mundo futuro, na cidade de Chicago, clasifican en cinco categorías ás persoas. Aos 16 anos faise unha proba que determina a que grupo pertence cada unha: 1) Verdade, 2) Erudición, 3) Cordialidade, 4) Ousadía, 5) Abnegación. Tris, unha adolescente que fai a proba dá como resultado a pertenza a distintos grupos, é unha DIVERXENTE. Os diverxentes son perseguidos porque non encaixan perfectamente en ningún grupo, polo que deben ter coidado de non ser descubertos.
Nesta época de reformas educativas nas que a tod@s se nos quere facer pensar o mesmo, con probas que aseguren que todo é igual, uniforme, DIVERXENTE, resulta un desafío para os sistemas establecidos, onde se incita a pensar aos adolescentes na posibilidade de ser máis que unha cousa, de ser diversos, diferentes, e non por iso raros.
Divergent, a primeira novela de Veronica Roth publicouse en 2011; é a primeira parte dunha triloxía que continuou con Insurgent (2012) e Allegiant (2013). Conta, ademais, cunha versión cinematográfica dirixida por Neil Burger
27 de maio de 2014
16 de maio de 2014
Representación do club de lectura para as Letras Galegas
O club de lectura As Portadas encargouse de preparar unha dramatización da vida de Xosé María Díaz Castro para a homenaxe que lle rendemos ao escritor que se lle dedica este ano 2014. O club encargouse de ler tamén o guión e os microtextos finalistas no concurso do noso centro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)