Ollos de auga
de
Domingo Villar
(por Adrián Novás e Damián Ferreira)
O libro pareceunos moi bo debido ao interese do argumento e á boa calidade literaria da obra xa que o autor mestura misterio, algo de acción e humor…
O misterio aparece durante todo o libro, xa que sempre se vai dubidar de alguén que resulta non ser o asasino.
O humor de Rafael Estévez é único en todo o libro; non hai un personaxe como el, debido a que a súa linguaxe coloquial e urbana fai que o libro sexa entretido en todo momento. Ademais é presentado como un rosmas, co cal sempre estás á espera do que poida dicir ou facer.
A acción destaca cando Estévez se mete no pub de ambiente homosexual e pelexa con un deles porque se lle achegaron. Tamén se respira acción na súa linguaxe brutal como por exemplo: “ves a pistola?, pois como non fales arríncoche os dentes a culatazos e métochos un a un polo cu”.
O carácter e a procedencia de Estévez fai que non entenda a forma de ser dos galegos, por exemplo: parécelle raro que os galegos nunca deamos unha resposta concreta e aínda así nos entendamos perfectamente…, vós xa nos entededes…