18 de xuño de 2013

Literatura e cinema: Engurras

Dentro da tradición que se vai consolidando non noso club de ler un texto e logo visionar un film vai este ano unha proposta novidosa: Engurras.

Ao final do segundo trimestre e principio deste repartimos esta banda deseñada (cómic) publicada no 2008, para logo facer unha visión da película de animación baseada nesta historia no 2011.

A verdade é que unha historia diferente sobre a terceira idade. Fala sobre moitas cousas como a sensación de abandono, a soidade, o alzheimer, a cobiza ou os pequenos enganos pero tamén sobre a amizade, a solidariedade e a axuda mutua. Todo isto no medio dunha trama na que uns anciáns se verán envoltos nunha aventura





Paco Roca: É o autor do cómic e foi tamén guionista e director artístico do film; destaca que por esta obra levou o Premio Nacional de Cómic.










Ignacio Ferreras: É o director da película de animación que levou diversos premios en diferentes festivais

Lectura de microtextos na Festa da Lingua

O club de lectura As Portadas, na súa intención de promocionar a lectura pública, colaborou o pasado mes de maio na celebración da Festa da Lingua organizada pola coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega "Terras do Umia".

A IV Festa da Lingua celebrouse o 10 de maio en Portas e asistiu alumnado dos centros de Barro, Caldas, Cuntis, Moraña e, por suposto, Portas. Entre outras cousas realizouse a entrega dos premios no concurso de microtextos e realizaron a lectura con música dos microrrelatos e micropoemas gañadores tres persoas do club As Portadas:
Inés Martínez
Fran Fontán
Carmen Saavedra

Letras Galegas: club de lectura de Primaria

O pasado 23 de maio o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou un acto de homenaxe ás nosas letras como ben sendo habitual neste mes.

Ademais de render homenaxe a Roberto Vidal Bolaño cunha obra protagonizado por integrantes do club de ESO, fixéronse outros actos como entregar os premios dos concursos de microtextos que leron as integrantes do club de lectura.

Pero o club de lectura tivo un forte protagonismo xa que a chegada este ano do club de Primaria está a ser moi forte. Dado que Vidal Bolaño era un home de teatro, no club de primaria quixeron facer unha obra tamén, pero querían achegarse a un dos clásicos deste xénero: Romeo e Xulieta.

Escena do balcón con Romeo e Xulieta

Así, fixemos unha adaptación do clásico de Shakespeare para que o puidesen representar neste acto das letras galegas. O resultado foi a colocación en escena de 16 actores e actrices de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Tivemos en 16 escenas a tráxica historia dos dous amantes de Verona.





 Loita dos Montesco e os Capuletos
Visita do Conde París aos pais de Xulieta Capuleto


Festa de máscaras na casa dos Capuleto onde se namoran Romeo e Xulieta




Tráxico final de Romeo e Xulieta

Foto do grupo de actores e actrices

Letras Galegas: obra de teatro de Vidal Bolaño

No pasado mes de maio celebráronse os actos para homanexear as Letras Galegas. Este ano tocaba honrar a figura de Roberto Vidal Bolaño e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizou un acto o xoves día 23 de maio para recordar a figura do dramaturgo compostelán.

No club de lectura sumámonos aos actos de homenaxe ás letras representando a obra Bailadela da morte ditosa con algúns dos integrantes de ESO que se converteron en clásicos este ano: Juan Ocampo, Inés Martínez e Fran Fontán. Carmen Saavedra fui substituída a última hora por Martina Feijoo xa que Carmen non podía asistir o día da representación. En calquera caso, defenderon dignamente todos e todas os papeis da Bailadela sexta: "De paifocos e lisgairos".